Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O ceo da Costa da Morte, protagonista do novo libro de fotos nocturnas de Lois e Llamas

O ceo da Costa da Morte, protagonista do novo libro de fotos nocturnas de Lois e Llamas
Outra imaxe de Punta Nariga no libro de Daniel Llamas e Daniel Lois Unha imaxe de Punta Nariga no libro de Daniel Llamas e Daniel Lois ”Adoramos a Costa da Morte!! No podía faltar no noso maior traballo presentado ata agora”. Así de ilusionado se amosa Daniel Llamas, creador xunto a Daniel Lois, do libro “Galicia; Un lugar máxico para contemplar as estrelas”, editado da da man da editorial Ludica7. Nel, entre as 100 fotografías, podemos ver imaxes do ceo de Lariño, Louro, Ézaro, Fisterra, Virxe da Barca, Punta Nariga (en portada e 5 máis), Cabo Vilán (4), Pedra Cabalgada, San Bartolo… É dicir, que a Costa da Morte, un dos mellores lugares do mundo para ver as estrelas, é un dos ceos máis adorados por eses amantes da fotografía nocturna. Varias das imaxes recollidas no libro teñen sido premiadas, como a Punta Nariga de Daniel Llamas, ou o Faro Vilán e Cristina Fernández de Daniel Lois. Ademais, conta cunha específica reportaxe nas Illas Cíes, xa que hai unha sección dedicada a destinos “Starlight”. Fotos da Costa da Morte no libro de Galicia lugar maxico para ver as estrella Fotos da Costa da Morte (Faro Lariño, Cabo Vilán e San Bartolo) no libro de Galicia lugar maxico para ver as estrella Trátase dunha proposta novedosa, xa que non hai outra publicación similar en Galicia, e posiblemente tampouco en todo o territorio nacional. Cen obras, cun gran impacto visual, entre as que destaca o gran número de panorámicas. Pero o libro recolle tamén unha serie de textos, nos que os autores contan o esforzo investido en cada unha delas, anécdotas ou particularidades de cada lugar ou momento e durante toda a publicación intentan trasladar a paixón que estes dous fotógrafos senten tanto polo firmamento, como pola súa terra. Ademais o libro iníciase con prólogos de Manolo Rodríguez, experto no camiño de Santiago (Vía Stellae), do presidente do Cluster de Turismo e do astrónomo José Anxo Docobo, director do Observatorio Ramón María Aller da USC. Punta Nariga na portada do libro Galicia un lugar maxico para contemplar as estrellas Punta Nariga na portada do libro Galicia un lugar maxico para contemplar as estrellas

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-costa-da-morte-o-ceo-no-que-sobreviven-as-estrelas/ https://quepasanacosta.gal/as-noites-de-daniel-llamas-en-nariga-louro-e-vilan-premiadas-de-novo/ https://quepasanacosta.gal/a-torreira-do-cabo-vilan-volve-recorrer-o-mundo-protagonizando-unha-foto-premiada-de-daniel-lois/

Máis novas

Comentarios