O Cerco tamén quixo reivindicar a súa loita pola cota da Anchoa en Camariñas
Dos 153 barcos que hai en Galicia adicados ao Cerco, unha vintena son da Costa da Morte, de portos como o de Malpica ou Camariñas. Precisamente en Camariñas, onde hai uns 10 barcos, empregando a unhas 100 persoas, a ACERGA, a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia, desenvolvía esta mañá de venres 4 de setembro, unha concentración reivindicando a renovaciónd a cota da anchoa.
Non foi tan boa a resposta como a realizada a semana pasada pola pesca de baixura, algo entendible por dous motivos, pois hoxe é laborable e moitos dos barcos voltaban de traballar, e porque a baixura ten unha maior incidencia na zona.
En todo caso, Andrés García Boutureira, representante da Asociación de Armadores do Cerco en Galicia – Acerga, recoñece que 25 persoas son poucas para unha concentracuón así, pero a pesar de que a relación cos pósitos locais é boa, “é comprensible que xa hai moitas mobilizacións”.
”Nós seguimos facendo manifestacións, porto por porto, para deixarlle claro ás administracións, á Secretaría Xeral de Pesca e o Ministerio de Medio Ambiente, que non imos cansar e que ademais da vía xudicial, tamén imos seguir mobilizándonos polo que é noso”, coméntanos Boutureira.
”Xa é o segundo ano que reclamamos que se cumpla o compromiso adquirido polo anterior Secretario Xeral de Pesca, que prometeu ampliar a cuota de pesca de anchoa na zona IXa, que comprende dende Touriñán ata o golfo de Cádiz. Daquela déronllo o 98,6% da cota ao golfo de Cádiz, e a nós o 1,4%, prometéndonos que nos habilitaría máis cota cando houbese máis e aínda non sabemos nada e temos que deixar de pescala porque non nos habilitan a cota que nos prometeron. Se non se a administracións cumplen os compromisos, o reparto debería considerarse nulo”, denuncian o voceiro desta asociación que representa a 120 barcos de cerco galegos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])