O Faro Vilán acolle a mostra "A forza do local"
07:05 31/12/15
Do 8 ao 14 de xaneiro, o Faro Vilán de Camariñas acolle a exposición "A forza do local" na que se amosan algunhas das boas prácticas realizadas en Galicia nas que colaboraron profesionais de desenvolvemento local.
A mostra, que percorrera durante o 2016 os concellos galegos que a soliciten, está organizada pola asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia (Afriprodel-Galicia) en colaboración coas entidades e empresas promotoras das boas prácticas e a Deputación da Coruña.
Nesta exposición atoparanse exemplos de proxecto desenvolvidos no territorio galego e que poñen en valor os seus recursos dun xeito intelixente, harmónico e sostible. Entre as experiencias que se expoñen atópanse:
- Activa Combarro: horta e mar (Poio – Pontevedra). Recuperación e transferencia do coñecemento, innovación desde o patrimonio inmaterial.
- Agricultura sustentable (Ames- A Coruña). Recuperación de saberes e sabores.
- Arqueogastronomía (Vimianzo- A Coruña). Recuperación da gastronomía castrexa/medieval e xeración de produto turístico
- As Pontes, experiencia industrial (As Pontes- A Coruña). Creación de produto turístico.
- Cartoy Pro Apoyo (Lourenzá-Lugo). Proxecto emprendedor de mellora da calidade de vida dos maiores.
- Cooperativa comercializadora Terras da Mariña (Lourenzá-Lugo). Proxecto cooperativo de comercialización de fabas de Lourenzá.
- Cova de Eirós: excavación e posta en valor (Triacastela- Lugo). Proxecto de posta en valor de recursos arqueolóxicos.
- Dinamo (Santiago de Compostela). Proxecto emprendedor de mensaxería ecolóxica, o consumo responsable, a cultura e a publicidade local.
- Fortaleza de Tovar (Lourenzá-Lugo). Proxecto turísticos de recuperación do patrimonio.
- Grandicela arquitectas (Lourenzá-Lugo). Proxecto emprendedor de arquitectura sostible.
- Horta de conservación de froiteiras (San Sadurniño- A Coruña). Proxecto de economía agropecuaria local.
- MAN: mar, arte e natureza (Camariñas- A Coruña). Producto turístico baseado na obra artística de Manfred Gnädinger.
- O Camiño dos Faros. Sendeiro GR (Costa da Morte-A Coruña). Posta en valor de recursos naturais.
- Restauramar. Fundación Lonxanet para a pesca sostenible.
- Varios proxectos da Costa da Morte participan na I Feira de Desenvolvemento Local de Afiprodel
- Varios proxectos costeiros, recoñecidos por Afiprodel.
- QPC, entre os proxectos costeiros que optan aos Premios Afiprodel.
- Os ADLs da Costa da Morte tiran polo Desenvolvemento Local a nivel nacional en tempos de recortes.
- Conclusións activas para o Desenvolvemento Local.
- Afiprodel prepara un proxecto piloto de desenvolvemento local dende a Costa da Morte para Galicia.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Afiprodel