Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Faro Vilán representa o aumento de visitantes na Costa da Morte

O Faro Vilán representa o aumento de visitantes na Costa da Morte
A organizacion de eventos serve de dinamizador para o Faro Vilan como punto cultural

Non podemos dicir outra cousa. O sector turístico de Camariñas está traballando na boa dirección. Nas últimas datas vimos recollemos experiencias tan positivas como as rutas coas mariscadoras, o revitalización do Faro Vilán como epicentro cultural. Xa, en xuño, apuntaban a actividade cultural no Faro Vilán permitíu aumentar nun 40% o número de visitantes no primeiro semestre do ano.

Un exemplo a seguir, sen dúbida, sobre todo noutro dos puntos máis importantes da bisbarra, un Faro Fisterra que case pecha por vacacións, e que non leva ningunha contabilidade nen serve de punto de información turística decente.

Balance de datos

Taboa de visitantes no Faro Vilan entre 2013 e 2014

Agora, neste terceiro trimestre, a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas volve facer balance de visitantes, que xa superaron no que vai de ano, a totalidade do ano 2013. Contabilizáronse nestes primeiros 9 meses de 2014, 48.477 visitantes, tendo en conta que certos días é complicado contabilizar todo os que entran e os outros moitos que visitan só o exterior deste maxestuoso faro e as súas vistas.

A maioría dos visitantes son galegos, sobretodo da provincia de Coruña e Pontevedra, seguidos por madrileños e cataláns. En canto ós extranxeiros, seguen a ser os franceses, alemáns e italianos os que máis nos visitan. Aínda que cada vez son máis e dispares as nacionalidades das que se interesan por visitar este rincón de Galicia.

Reflexa así o Faro Vilán a certeza de que durante os últimos anos reflexouse un aumento no número de visitantes a Costa da Morte.

Exposicións en curso

Actualmente na sala de exposicións pódese visitar a 1ª Exposición colectiva de Fotografía de GALIZA B/N que estará ata o próximo 3 de outubro. Consta de 40 obras fotográficas de 40 autores galegos que comparten o gusto polo procesado en branco e negro.

A seguinte exposción será "Do silencio" incluirá pintura, gravado e escultura da artista María Muñoz Conde.

O horario actual de visita é de mércores a domingo de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 ata o domingo 26 de outubro, que co cambio de hora comezará a pechar ás 19:00h.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios