Martes. 19.11.2019
El tiempo

O porto "une" Camariñas

O porto "une" Camariñas

Tiveron que sacarse fotos xuntos o alcalde de Camariñas e o voceiro do PP a pesar do quente momento político que viven e a pesar da rotura de relación entre ambos. Pero a visita do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, a Camariñas obrigounos a posar para os fotógrafos.

O presidente visitou as obras de ampliación do peirao camariñán, e lembrou que estarán rematadas o vindeiro ano. Uns traballos que consisten no alongamento da zona de atraque en 150 metros cunha anchura de 41, no que se investiron 3,2 millóns de euros, cofinanciada nun 65% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Feder.

Datos técnicos

O novo muro do peirao de atraque, ao igual que o existente, disporá dun calado de seis metros nos primeiros 70 metros desta ampliación, e pasará aos oito metros nos restantes 80, rematándose cunha escollera en talud para amortiguar, no posible, a ondaxe incidente. O recinto creado será pavimentado adecuadamente para os usos portuarios aos que está destinado e instalaranse, tamén, os elementos complementarios necesarios, tales como escaleiras metálicas nos peiraos ou defensas verticais.

Así mesmo completaranse con elementos de amarre como boiardos de 50 toneladas, bitas de 65 quilos e argolas. En canto aos servizos levará as correspondentes canalizacións de auga, enerxía e electricidade, con rede de abastecemento e as súas correspondentes tomas. O alumeado contará con puntos de luz con proxectores de 400 vatios, sobre postes de once metros.

Novas relacionadas

Comentarios