Sábado. 21.09.2019
El tiempo

O Ministro Caamaño fai campaña na Costa

O Ministro Caamaño fai campaña na Costa

A súa posición como cabeza de lista dos socialistas coruñeses ao Congreso nas eleccións do 20N faille que se teña que empregar na súa bisbarra. O ministro de Xustiza, o ceense Francisco Caamaño, estivo estes días en Camariñas e mais en Corcubión, para achegarse á veciñanza.

En Camariñas a sesión foi máis un encontro coa mocidade socialista da bisbarra. Uns 40 mozos do concello animáronse a aparecer na foto de equipo, e escoitaron como o Ministro os animaba a introducirse nesto da política.

A sesuón e Corcubión foi máis institucional. Tratábase dunha reunión con alcaldes e voceiros socialistas na que Caamaño se comprometeu a crear unha oficina para “atender directamente” as demandas dos cidadáns.
Caamaño afirmou que, "mediante un sistema de cita previa, os cidadáns que o soliciten poderán dirixirse directamente aos deputados socialistas da provincia para concertar unha reunión e explicarlles as cuestións que lles preocupan ou expor as súas demandas".

Consciente da situación de crise e de continuos recortes, afirman que se trata dos "comicios máis importantes da democracia". A campaña dos socialistas para este 20N leva como lema "Pelexa polo que queres".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios