martes. 17.06.2025
El tiempo

O Náutico de Camariñas intenta recuperar a súa actividade turística

O Náutico de Camariñas intenta recuperar a súa actividade turística
Visita do Presidente de Portos ao Nautico de Camarinas

Tras moitos meses de polémica e idas e vidas xudiciais, o Náutico de Camariñas comeza a retomar a actividade normal dun club das súas características, unha vez escollida a nova directiva. Onte recibía a visita do presidente de Portos de Galicia, Durán Hermida, que subliñou que este peirao recibe arredor de mil embarcacións en tránsito ao ano, situándose como referente na comarca.

Así, Portos asegurou que traballará xunto co clube camariñán no impulso á náutica recreativa e en concreto á captación de tránsitos para a comarca de Costa da Morte. Así o presidente de Portos comprometeuse a avaliar a petición do clube para a instalación provisional dun pantalán de apoio para o clube durante a época estival.

Así mesmo, o presidente do ente público presentou ao clube a Guía básica de servizos náuticos de Galicia elaborada por Portos de Galicia e as cinco Autoridades Portuarias da nosa comunidade. Esta guía recolle información das 39 instalacións naútico deportivas existentes no conxunto do litoral galego e está disponible mediante descarga na páxina web de Portos. Esta publicación pretende facilitar a chegada de navegantes aos peiraos galegos, favorecendo o turismo e a revitalización económica nas localidades litorais. No caso de Camariñas, recolle unha reseña turística na que se resalta a tradición do encaixe e sitios de interese como sitios de interese como a Igrexa de San Xurxo, a Emida da Vixe do Monte, o Cemiterio dos Ingleses e o faro de Cabo Vilán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Portos.

Comentarios