Xoves. 12.09.2024
El tiempo

O PIE forma e consegue traballo para mulleres nos sectores da Hostalería e Atención Sociosanitaria

O PIE forma e consegue traballo para mulleres nos sectores da Hostalería e Atención Sociosanitaria
Curso do PIE para mulleres

Continúa o Programa de Emprego PIE 2017, dirixido a exclusivamente a mulleres dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo 2017. E faino en clave de cursos laborais.

Dez mulleres veñen de participar no curso de hostalaría integral, das cales dúas xa conseguiron contrato de traballo nese sector.

Estes días o programa de emprego continúa realizando accións orientadas á mellora de posibilidades de inserción laboral das participantes. Dentro das accións previstas para as vindeiras datas, está o curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, sempre e cando se acade un número mínimo de participantes. Este certificado profesional ten unha duración de 450 horas, incluíndo o período de prácticas en empresas, e está previsto para que dea comezo a finais do mes de xullo, estendéndose ata novembro deste mesmo ano.

As persoas que poden realizar este curso son exclusivamente as mulleres (menor de 30 ou maior de 45 anos) participantes no PIE2017 e que reúnan o requisito de ter superadas a ESO ou as probas de Competencias Clave que dan acceso a certificados profesionais de nivel 2.

Curso de Informática Basica

Por outra banda, deu comezo este luns día 11 de xuño un curso de informática de nivel básico orientado ás participantes do programa que o demandaban. As mulleres inscritas son unhas 30 e a formación realízase nas aulas de informática dos 3 concellos de xeito simultáneo cos seguintes horarios: • Luns e mércores de 10:00 a 13:00 horas, no concello de Muxía • Luns e xoves de 16:00 a 19:00 horas, no concello de Vimianzo • Martes e venres de 10:00 a 13:00 horas, no concello de Camariñas

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/35-mulleres-do-programa-de-emprego-de-vimianzo-muxia-e-camarinas-preparanse-para-as-competencias-clave/

Fonte

Comentarios