O POL de Camariñas, a debate

20:39 06/10/10

Os empresarios da Ponte do Porto
Tamén están atentos dende a Directiva da Asociación de Empresarios da Ponte do Porto. A entidade, que promove a construcción dun parque empresarial de promoción privada na Ponte do Porto tivo unha entrevista o pasado martes co Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, D. Manuel Borobio Sanchiz, que tratou sobre a posible incidencia do Plan de Ordenación do Litoral sobre o ámbito no que se está a redactar un Proxecto Sectorial para o Parque Empresarial. Como consecuencia de dita reunión e da análise pormenorizada do ámbito proposto para o Parque Empresarial superposto ao POL, o Director Xeral informou que o Parque Empresarial que se propón é compatible co POL, e que se pode seguir co proxecto sectorial que promove a Asociación e que está redactándose pola consultora CEINSA, (a mesma empresa que está redactando varios planeamentos en diversos concellos da Costa da Morte). Segundo informa a asociación o Parque está xa bastante avanzado e proximamente se presentará polo equipo redactor a informe da administración medioambiental para o seu estudio xa en cuestións de detalle.Resposta institucional
Hoxe a Xunta, preocupada pola situación, envía un comunicado de tranquilidade ao concello camariñán. Primeiramente insta á corporación municipal a seguir tramitando o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que conta cunha aprobación inicial de febreiro de 2009, unha vez que a única delimitación legal de solo urbano é do 1981. Pero iso si, pide que este se faga dacor cos criteiros do Plan de Ordenación do Litoral (POL). Apunta a Xunta que "o POL non dificulta a tramitación dos planeamentos municipais, se non que, pola contra, outorga seguridade xurídica aos concellos á hora de elaborar o planeamento urbanístico, pois reduce a arbitrariedade ao contarse cuns criterios xa fixados de antemán respecto aos informes emitidos pola Comunidade Autónoma".Novas relacionadas
- A Xunta defende o POL ante un concello de Vimianzo radicamente en contra.
- O Tour da John Deere e Transdiesel pasou pola Costa.
- Os centros de Muxía e Camariñas tamén protestan polo recorte no ensino.
- Denucias e desculpas sobre o novo retraso da VAC.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
- Nota de prensa dos Empresarios da Ponte do Porto, da man do seu presidente Vicente Rivas.
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.
- La Voz de Galicia: Los vecinos de Camariñas presentan 1.200 alegaciones al Plan de Ordenación do Litoral