Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PP camariñán volve pedir responsabilidade a Pichurri

O PP camariñán volve pedir responsabilidade a Pichurri

Comtinúa enlamado, agora na xustiza, o caso Pichurri. A paralización do último pleno que debía decidir o futuro do inhabilitado alcalde deixa un problema que segue medrando. Hoxe volve ser o grupo do PP camariñán o que pide “responsabilidade” a Manuel Valeriano Alonso “en facer cumplir a lei”, “admitir a súa incompatibilidade e deixar o seu posto”.

Dende o PP valoran positivamente a “decisión responsable de darse de baixa PSOE” e esperan que “sexa igual de responsable cos veciños que lle outorgaron a súa confianza para recoñecer os seus erros e asumir as consecuencias dos mesmos”.

O grupo opositor non entende que Pichurri opte “por enrocarse no seu posto e levar todo os tribunais. Nós non queremos esa opción, preferimos facer as cousas como marca a lei, pero vostede secuestra a liberdade de expresión nos plenos, non dá explicacións do que acontece e prohíbe todo co que non está dacordo, como foi a nosa solicitude de pleno extraordinario nos termos que indica a lei”.

”Ser concelleiro ten uns dereitos moi importantes pero unhas obrigas se cabe máis grandes”, setenzan.

 

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios