O PP de Camariñas continúa lamentando a “condición de corrupto” do seu alcalde


Recupera o PP de Camariñas a situación xudicial do alcalde Manuel Valeriano Alonso de Léon. Un dos políticos máis encausados da comarca, pero ao que parece non lle afecta demasiado. O PP lembran que “nada cambia”, a pesar de que Pichurri siga baixo a sospeita de “político corrupto”, como se desprende da sentencia do Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 3 de A Coruña que lembra a necesidade de celebrar un pleno extraordinario para tratar a súa inhabilitación.
O PP lembra que “por lei, temos dereito a petición de 3 plenos extraordinarios por ano, por eso mesmo, denunciamos a vulneración dos nosos dereitos cando se nos negou a petición dun desos plenos, cumplindo tódolos requisitos para solicitalo”.
Ao tempo que esixen ese pleno, volven solicitar a dimisión do propio alcalde, “xa que sigue condenado por “corrupción” (contratos a dedo) e inhabilitado por catro anos para exercer cargo público, e sin olvidarnos que tamén está imputado (agora chámase investigado) pola trama dos seguros dende o ano 2011”.
Novas relacionadas
- 05-07-17: O PP camariñán volve pedir responsabilidade a Pichurri:
- 04-07-17: A xustiza paraliza o pleno que ía decidir a continuidade do alcalde de Camariñas.
- 22-06-27: O PP de Camariñas critica a actitude “dictatorial e prepotente” de Pichurri.
- 12-06-17: O Grupo Socialista de Camariñas pecha filas con Pichurri ante as reiteradas críticas da oposición
- 08-06-17: O PP de Camariñas insiste na dimisión de Pichurri.
- 29-05-17: Camariñas divídese ante a inhabilitación de Pichurri
- 25-05-17: Convocan unha concentración para apoiar a Pichurri.
- 24-05-17: O PP de Camariñas pide á Secretaria municipal que actúe sobre a inhabilitación do alcalde.
- 12-05-17: O PP de Camariñas esixe suspender do cargo de alcalde a Pichurri tras a condena de catro anos de inhabilitación
- 09-04-17: Esixen a inmediata dimisión de Pichurri como alcalde de Camariñas
- 08-04-17: Pichurri, condenado a 4 anos de inhabilitación por prevaricación.
- Decembro 2016: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses.
- 2011: O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa.
Máis novas
- Febreiro 2016: A UDEF ve indicios delictivos do alcalde de Camariñas na Trama dos Seguros.
- 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?.
- 2014: Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).