Venres. 11.10.2024
El tiempo

O PP de Camariñas critica a actitude "dictatorial e prepotente" de Pichurri

O PP de Camariñas critica a actitude "dictatorial e prepotente" de Pichurri
O PP de Camariñas vén de demostrar o seu total rexeitamento á "actitude dictatorial e prepotente" do alcalde camariñán - Manuel Valeriano Alonso - que segundo os populares mantivo no pleno extraordinario celebrado o pasado martes día 20. Un pleno extraordinario solicitado polo PP para "solucionar dunha vez por todas a situación ilegal que se vive no concello" tras a que condena ao rexedor a 4 anos de inhabilitación. Un pleno que, segundo indican os populares, durou 9 minutos o cal para eles demostra "o pouco respecto que teñen aos veciños". "Camariñas nestos momentos é máis parecido a unha pequena Venezuela que a un pobo da Costa da Morte; un pleno onde el mesmo lle prohíbe á Secretaria a pronunciarse, a pesares de estar recollido esa pronunciación no 2o punto da orde do día, e igualmente a oposición", indican dende o PP. Informes Dende o PP indican que o rexedor presentou en dito pleno un informe feito por un catedrático de Dereito Constitucional - que foi Ministro de Xustiza anteriormente -. Os populare entenden que dito informe debe obrigalo a cumprir a lei en lugar a "acompañalo a que siga infrinxindo a lei". "Hai informes superiores e xurisprudencia dabonda que defenden a liña seguida pola Secretaria, e que será lóxico que siga sendo a que marcou no seu escrito tal e como se desenrolou o pleno, e onde os informes de parte e pagados polo Sr. Valeriano nunca poden ser “superiores” aos feitos pola funcionaria principal do concello", indican dende o PP de Camariñas. Segundo sinalan os populares "a Secretaria establece no seu escrito que unha vez feita a toma de coñecemento /constatación polo Pleno da sentenza e que o inhabilita por 4 anos, éste pasa a deixar de ser cargo público por incompatibilidade sobrevenida, e automáticamente a Secretaria remite certificación a Junta Electoral Central para que sexa nomeado o seguinte na lista electoral do PSOE en sustitución do Sr. Valeriano que perdeu este 20 de xuño as 21,10 h. a súa condición de Alcalde e concellal, en virtude de Lei".  

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios