O PP de Camariñas insiste na dimisión de Pichurri
08:17 08/06/17
O alcalde de Camariñas está condenado a 4 de inhabilitación por un suposto delito de prevaricación
O grupo municipal do Partido Popular de Camariñas, encabezado polo seu portavoz, Mauricio Aufiero, asegurou onte que o informe elaborado pola Secretaría Municipal do concello acredita que Manuel Valeriano Alonso debe dimitir inmediatamente como alcalde, tras a sentenza do Xulgado do Penal número 3 que condena ao rexedor a 4 anos de inhabilitación como autor dun delito continuado de prevaricación administrativa.
Os populares, que xa solicitaron o pasado 11 de maio a dimisión deValeriano Alonso, defenden que o escrito redactado pola Secretaría Municipal “non deixa dúbidas” de que ao rexedor pódeselle aplicar a Lei Orgánica 5/195, do 19 de xuño, de réxime electoral que establece que incorren en causa de incompatibilidade “os condenados por sentenza, aínda que non sexa firme, por delitos de rebelión, de terrorismo, contra a Administración pública ou contra as Institucións do Estado cando a mesma estableza pena de inhabilitación para o exercicio de dereito de sufraxio pasivo ou a inhabilitación absoluta ou especial ou de suspensión para emprego ou cargo públicos nos termos previstos na lexislación penal”.
Desta maneira, e ante esta situación, os populares explicaron que o concello debe limitarse a tomar coñecemento desta circunstancia, e proceder á solicitude de expedición de nova credencial do seguinte na lista do PSOE pola Xunta Electoral Central, sen votación algunha. “Pódese dicir máis alto, pero non máis claro. A secretaria foi contundente no seu informe. Valeriano Alonso debe asumir a sentenza e deixar o seu posto como alcalde de Camariñas”, asegurou Aufiero.
Novas relacionadas
- 29-05-17: Camariñas divídese ante a inhabilitación de Pichurri
- 25-05-17: Convocan unha concentración para apoiar a Pichurri.
- 24-05-17: O PP de Camariñas pide á Secretaria municipal que actúe sobre a inhabilitación do alcalde.
- 12-05-17: O PP de Camariñas esixe suspender do cargo de alcalde a Pichurri tras a condena de catro anos de inhabilitación
- 09-04-17: Esixen a inmediata dimisión de Pichurri como alcalde de Camariñas
- 08-04-17: Pichurri, condenado a 4 anos de inhabilitación por prevaricación.
- Decembro 2016: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses.
- 2011: O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa.
Máis novas
- Febreiro 2016: A UDEF ve indicios delictivos do alcalde de Camariñas na Trama dos Seguros.
- 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?.
- 2014: Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).