O PP de Camariñas pregunta por "facturas agochadas"
Envía hoxe o PP camariñán, en plena voráxine política co grupo de goberno do PSOE, unha nota na que considera apropiadas as novas medidas do Goberno Central nas que invita aos Concellos a sanear as súas contas e pagar aos proveedores. Unhas medidas que, segundo sinalan, "permitirá coñecer antes do 15 de marzo a situación real de débeda do Concello de Camariñas".
"Haberá máis factiras nos caixóns?", pregúntanse dende a oposiciónI é que apuntan que "as últimas cifras aportadas por intervención sinalaban que a débeda municipal estaba en máis dun 1,5 millóns de euros de débeda a proveedores e sobre 2,5 millóns de débeda aos bancos".
"Pero agora é o momento en que deben aflorar todas as facturas agochadas e que estaban sin contabilizar, e que de seguro incrementarán esas cifras oficiais pero non reais", indican dende o PP.
Critica igualmente as últimas medidas do PSOE como "a subida de impostos, a subida dos precios as actividades culturais e deportivas ou o recorte dos servicios así como o servizo de iluminación nas nosas rúas, ou a aparición dun vertedoiro ilegal promovido polo Concello", denuncian.
Novas relacionadas
- O PSOE de Camariñas denuncia ao voceiro do PP de amenazar a un comerciante.
- O PP de Camariñas desmárcase do caso Náutico.
- Fotodesfeita: Vertedoiro ilegal en Camariñas participado polo Concello?.
- A Casa pechada de Man.
Fonte
- Nota de prensa do PP de Camariñas.