Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O PP en Camariñas "preocupado" pola reforma da Praza de San Xurxo

O PP en Camariñas "preocupado" pola reforma da Praza de San Xurxo
O grupo popular no pleno do Concello de Camariñas ven de amosar nun comunicado a súa "preocupación" polo proxecto de reforma da Praza de San Xurxo que o equipo de goberno pretende aprobar en pleno este próximo luns. Vista-Praza-San-Xurxo-Camariñas Vista parcial da zona obxeto do proxecto de reforma en Camariñas Os populares consideran que "o PSOE de Camariñas volta a demostrar o seu nulo respeto democrático, cando quere aprobar un proxecto que cambia de forma importante o entorno da Praza de San Xurxo, sin ter en conta para nada aos veciños que se verán afectados e ademáis, sin informar en ningún momento de cal é o proxecto que queren levar a cabo". En concreto, o PP en Camariñas amosase preocupado pola posibilidades que se perdan prazas de aparcamento e se reduzan as 25 actuais, xerando problemas os veciños que desexen aparcar neste lugar "co risco de que a policía local poña as pertinentes multas por esa infracción", de facelo ocupando as novas beirarruas. Para os populares é preocupante porque "vemos que o PSOE prefire poñer aceras e árbores, e deixar un só aparcamento que ademáis pecha unha rúa que agora ten saída". Por esta razón, afirman, "O PP de Camariñas, está reuníndose estos días con entidades de diversa índole, así como con numerosos afectados deste proxecto, para darlles a información necesaria coa imaxe en plano do proxecto que se pretende aprobar, e que entendemos que ante a importancia da zona e as consecuencias que terán para moitos veciños, deberíase consensuar e debatir sin vir coas imposicións habituais do PSOE de Camariñas cando se trata de abordar o futuro do noso pobo".

Comentarios