Sábado. 07.09.2024
El tiempo

O programa Integrado de Emprego de Camariñas e Vimianzo xa insertou a 17 persoas no mercado laboral

O programa Integrado de Emprego de Camariñas e Vimianzo xa insertou a 17 persoas no mercado laboral
PIE VIR FLUVIUS 2016-Programa de Emprego de Vimianzo

O obxectivo do PIE VIR FLUVIUS é conseguirlle traballo ao 35% das 60 persoas (é dicir, 21 empregos) que participan no programa. E a metade de curso, a iniciativa levada a cabo polos Concellos de Vimianzo e Camariñas xa conseguíu 17 insercións.

Son boas cifras para este Programa Integrado de Emprego, subvencionado pola Consellería de Emprego, Economía e Industria e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, xa arrincou en setembro de 2016 e rematará este vindeiro mes de agosto.

Un programa que combuna información, orientación e formación para a inserción laboral, incidindo na mellora de habilidades sociais, á integración sociolaboral, á mellora da empregabilidade, e ao fomento do emprendemento das persoas en situación de desemprego participantes. Para isto, lévanse a cabo entrevistas persoais, charlas informativas, accións de formación, divulgación de ofertas de emprego, tramitacións diversas ante distintos organismos, intermediación laboral, entre outras actividades.

Na área de formación, fíxose un esforzo por adaptar os itinerarios aos perfís dos participantes do proxecto. Ata este momento, a accións rematadas son as seguintes: Curso para a obtención do certificado de manipulador de alimentos; curso para a prevención de riscos laborais; curso de creación de empresas; curso de auxiliar de explotacións gandeiras (con prácticas en explotacións da zona).

Novos cursos, abertos á cidadanía

Nestes días, estanse facendo cursos de informática nivel básico/medio. Ademais, están previstas en próximas datas o comezo da formación para a obtención do carné de conducir tipo B e un curso de atención sociosanitaria en domicilios. Este último dará comezo no mes de abril e terá unha duración de 3 meses (300 horas), e, a parte dos participantes do programa de emprego, poderán apuntarse outras persoas interesadas nesta acción formativa, sempre e cando estean inscritas no servizo de emprego e empadroadas nos concellos de Vimianzo ou Camariñas, ata cubrir as 20 prazas dispoñibles (por orde de inscrición). As persoas que desexen inscribirse poden contactar co departamento de promoción económica do concello de Vimianzo ou coa axencia de desenvolvemento local de Camariñas, antes do 31 de marzo.

Están previstas tamén outras accións formativas, coma obradoiros para a busca de emprego e un curso de cociña, aínda sen datas confirmadas.

Tamén nos centros de ensino

Por outra parte, os responsables do Vir Fluvius realizarán este martes día 21 un obradoiro no IES Terra de Soneira, no cal, a parte de presentar o proxecto, traballaranse as habilidades básicas para a busca de emprego cos mozos e mozas que están a piques de comezar a formación en centros de traballo, dentro da formación profesional de grao medio e superior.

Novas relacionadas

Comentarios