![A concelleira Sandra Insua participou na posta en marcha do programa]()
A concelleira Sandra Insua participou na posta en marcha do programa
O concello de Camariñas prevé que nos próximos meses aumenten o número de usuarios do
programa "Xantar na Casa" que acaba de poñer en marcha tras a firma do convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.
De momento os dez usuarios pertencen ao casco urbano de Camariñas, Ponte do Porto, Camelle e Santa Mariña. Os beneficiarios
pagan dous euros cada día pola comida e o resto do importe é subvencionado polo concello e o Consorcio Galego.
A concelleira responsable da Mostra e Servizos Sociais, Sandra Ínsua - que estuvo presente na posta en marcha do servizo -, mostrou a súa satisfacción polo inicio do novo servizo, que considera fundamental para axudar ás persoas con autonomía limitada ou aquelas que están en risco de exclusión social. O concello de Camariñas xa mostrou a súa intención de formar parte deste programa hai dous anos, e desde entón estiveron esperando pola firma do convenio para a súa posta en marcha.
Beneficiarios
O programa “Xantar na Casa” consiste no reparto a domicilio diariamente do xantar das persoas demandantes. Poden beneficiarse deste programa as persoas maiores de sesenta anos que teñan limitada a súa autonomía persoal, menores de sesenta anos en risco de exclusión social e persoas dependentes. Cada vez hai máis persoas demandantes deste servizo en todas as localidades debido ao envellecemento da poboación e ao incremento de persoas coa súa autonomía persoal limitada que viven soas.
Segundo se establece no convenio, o súa duración será de un ano, podendo prorrogarse sucesivamente, aínda que a súa vixencia tamén queda condicionada á “existencia de crédito suficiente no orzamento” das partes asinantes para poderen cumprir coas súa obrigas. O Consorcio esixe un mínino de dez usuarios para a posta en marcha deste servizo.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Camariñas