xoves. 14.11.2024
El tiempo

O tecido político e deportivo de Malpica apoia o cerco galego

O tecido político e deportivo de Malpica apoia o cerco galego
Cerqueda co Cerco A UD Cerqueda segue unindo deporte con sociadade, e saíu ao campo con esta pancarta de apoio ao Cerco

Seguen os mariñeiros do cerco galego acampados ás portas da sé da Xunta en Santiago, en loita polo conflito das cotas da anchoa. E son varios os mariñeiros costeiros que alí están unha vez que dos 153 barcos galegos adicados ao cerco, unha vintena son costeiros, sendo os portos de Malpica e Camariñas os máis numerosos. Unhas 200 persoas da nosa bisbarra viven desta pesca e por iso, o tecido social malpicán quixo unirse á loita.

Así, a UD Cerqueda saíu no seu partido da Liga da Costa con esta pancarta de apoio.

O PP de Malpica esixe a Xunta apoio ao cerco O PP de Malpica esixe á Xunta un verdadeiro apoio ao cerco

Ademais, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, acompañado polo primeiro tenente de alcalde, Miguel Fernández, visitou aos mariñeiros acampados. “É necesario chegar a un acordo, porque o cerco é o pan de cada día para moitas familias de Malpica”, sinala o alcalde en nome do PP malpicán, que non escatima en instar ao presidente da Xunta de Galicia a seguir defendendo o incremento da capacidade pesqueira da frota galega diante das autoridades competentes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios