sábado. 07.12.2024
El tiempo

Un obradoiro para converterse en Guerreiro da Paz no espazo de Ioga da Ponte do Porto

Ioga na Ponte do Porto espazo
O espazo de Mi momento Zen na Ponte do Porto
Un obradoiro para converterse en Guerreiro da Paz no espazo de Ioga da Ponte do Porto

Este sábado 9 de novembro, Marcos Fuentes (@makalu_yoga_tibetano) vai realizar unha experiencia novedosa no espazo "Mi momento Zen", que rexenta Ana (@mimomentozen_ponte) na Ponte do Porto. Organizan no espazo da rúa Esquipa da Ponte do Porto o obradoiro Ioga Tibetano “O Camiño do Guerreiro”, co que os usuarios que así o desexen poderán facer unha viaxe na tradición Bön, para seguir os camiños do guerreiro tibetano ou Pawó e poder aspirar a convertirse nun Bodhisattva, a aspiración de todo iogui tibetano.

Ao longo do día practicarán de Jamyang Yoga, indetificando “os tres velenos da mente (rabia, apego e ignorancia), causas primarias do noso sufrimento, para transformalas en virtudes e liberarnos delas”, e poder así converterse nun Guerreiro da Paz, “que superou o seu ego e, no camiño, abrazouse a si mesmo”.

Poden anotarse 650 022 085 ou na Rúa Esquipa, 43 da Ponte do Porto.

Ioga na Ponte do Porto

Comentarios