O Obradoiro de Emprego de Camariñas renova a Casa de Pedra e prepara unha APP de Naufraxios
Bo partido estalle sacando Camariñas, ao Obradoiro de Emprego dual que está desenvolvendo xunto aos concellos de Vimianzo e Muxía. Esa oportunidade para os municipios de formar, e empregar, durante varios semestres un número de moz@s para darlles unha profesión, e ademais aproveitar para renovar e mellorar instalacións ou servizos municipais.
Neste caso, no programa ‘Xuventude polo Emprego’ hai un doble fío. Por un lado, o alumnado da especialidade de Carpintería está renovando os elementos de madeira da Casa de Pedra, arraxando o chan e vernizando, acabando dous despachos e tamén instalando varios estantes novos. Cando rematen con esta actuación iniciarán obras na fachada de madeira da Biblioteca Municipal.
Paralelamente, no módulo de ‘Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxía Web’ están aprendendo a crear unha APP, aproveitando o traballo feito arredor da web www.rutadelosnaufragios.com. A idea é deseñar a aplicación móbil de realidade aumentada que permita volver a facer visibles nos teléfonos móbiles os 62 barcos que forman parte da ruta, entre eles o Serpent e substituirá a ‘Layar’, antiga app de realidade aumentada que deixou de estar activa tanto para Android como para a plataforma de Apple.
O módulo da APP
Novas relacionadas
- Muxía, Vimianzo e Camariñas presentaron o obradoiro de emprego ‘Camiño ao emprego’-
- Laracha continúa apostando polos Obradoiros de Emprego.
- Os Obradoiros de Emprego, unha verdadeira oportunidade para a xuventude... e para os Concellos.
- O novo Obradoiro de Camariñas, Muxía e Vimianzo comezará en decembro e terá especialidades de turismo e montes.