venres. 02.05.2025
El tiempo

Oito confradías da Costa da Morte reciben máis de 151.000 euros de subvencións

Oito confradías da Costa da Morte reciben máis de 151.000 euros de subvencións
Confradia de Laxe Confradia de Laxe O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a concesión de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores da provincia da Coruña para financiar as súas actividades durante o ano 2016. Entre elas atópanse oito situadas na comarca. Tres confrarías bergantiñás recibirán a suma de 33.402 €. Trátase da Agrupación de Mariscadoras do Esteiro de Anllóns (7.496 €), e das confrarías de pescadores de Laxe (10.966 €) e de Malpica (14.940 €), que poderán sufragar gastos de persoal e axudas para a vixilancia. Na comarca de Fisterra tamén foron tres as confrarías subvencionadas : Nuestra Señora de las Arenas de Fisterra (12.975 €), Corcubión (9.956 €) e Virgen de la Barca de Muxía (19.948 €). En Terra de Soneira, as subvencións irán ás confrarías de pescadores de Camariñas (19.978 €) e de Camelle (21.980 €). Todas elas utilizarán as axudas para sufragar gastos de persoal e de funcionamento. O deputado responsable da área de Promoción Económica, José Luís García, destacou a importancia destas axudas para apoiar ás agrupacións de pescadores “un sector estratéxico e fundamental para a economía da nosa provincia como é o da pesca”. En totoal son 26 as confrarías da provincia da Coruña as que recibirán un total 409.162€ cos que sufragarán gastos de persoal e de funcionamento. As sumas outorgadas varían segundo os orzamentos presentados polas propias confrarías. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación

Comentarios