xoves. 01.05.2025
El tiempo

Os alcaldes das comarcas de Fisterra e Soneira únense para esixir unha entrevista con Feijoo

Os alcaldes das comarcas de Fisterra e Soneira únense para esixir unha entrevista con Feijoo
Feijoo con varios alcaldes na inauguración do treito e autovía aberto en 2016 Feijoo con varios alcaldes na inauguración do treito e autovía aberto en 2016

Moi positivo ver que varios alcaldes da bisbarra se unen para facer fronte común ante a Xunta. Son os alcaldes dos concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas, os que lle remitiron no día de hoxe á Xunta de Galicia unha solicitude de entrevista co seu presidente, Alberto Núñez Feijoo. Unha xuntanza para tratar, de maneira común, acerca de temas que afectan a todos estes concellos.

Temas tan importantes como os investimentos da Xunta de Galicia na Costa da Morte, en especial aqueles relacionados co Canon de saneamento; o retraso na tramitación das autorizacións de Augas de Galicia e as competencias impropias dos concellos e asumidas por estes, concretamente os gastos derivados dos centros de saúde e dos centros de ensino de infantil e primaria.

Para os rexedores estas reivindiacións procuran a posta en valor do territorio da Costa da Morte e consideran que o seu cumprimento ademáis de necesario é de xustiza.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios