Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Os edificios do porto de Camariñas estarán conectados á rede de saneamento

Os edificios do porto de Camariñas estarán conectados á rede de saneamento
Reunión do presidente de Portos na Confraría de Camariñas Reunión do presidente de Portos na Confraría de Camariñas

Segue habendo deficiencias nas redes de saneamento das vilas costeiras. Un dos lugares onde se está actuando é o Porto de Camariñas, onde a lonxa, o edificio de departamentos, e as instalacións náutico recreativas, contarán cunha conexión á rede de saneamento, a través dunha tubaría terá uns 400 metros de lonxitude e 12 pozos de rexistro e acometida. 

Así o anunciaba Portos de Galicia, que vai investir 40.000€, ao tempo que confirmaba que xa remataron as obras de acondicionamento da zona de varada e pavimentación do vial e a explanada. Unhas obras que delimitan unha zona de tráfico e acotar e distribuír a explanada de traballo.

Estes traballos consistiron na delimitación e pavimentación dun novo vial portuario duns 200 metros na zona próxima aos departamentos, eliminando así o tráfico do resto da zona de traballo. Ademais habilitouse unha zona de varada de pouco máis de 400 metros cadrados cun peche en tres das súas caras, permitindo tamén separar as augas de escorrentía exteriores. Na parte frontal, que será a que non se peche, colocouse un badén de formigón para recoller estas augas.

Fonte

  • Portos.

Comentarios