Os escolares de Camariñas coñecen o campo de refuxiados de Katsikas
07:08 31/01/17
A ONG A.I.R.E. leva a cabo distintas accións no campamento de refuxiados de Katsikas, en Grecia
Un grupo de voluntarios da asociación integral de Rescate de Emerxencias - A.I.R.E -, con sede na Coruña, viaxan hoxe ata os colexios de educación primaria O Areal de Camariñas e en Ponte de Porto co fin de contarlle aos escolares as súas vivenzas cos refuxiados. Aquí proxectarán un vídeo no que se amosa o traballo realizado pola entidade no campo de refuxiados de Katsikas, en Grecia; un dos máis masificados actualmente.
Esta actividade está organizada pola ONG Aire e concello de Camariñas con motivo do día da Paz que se conmemorou onte, 30 de xaneiro.
O concello de Camariñas leva xa un tempo colaborando con esta asociación. Precismente, o pasado mes de xullo - en colaboración co concello de Muxía - organizou a 1ª travesía a nado entre estas localidades con carácter solidario. Na iniciativa participaron un cento de deportistas e recaudaronse algo máis de 1000€ que se destinaron integramente ao campo de refuxiados de Katsikas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Camariñas