luns. 21.04.2025
El tiempo

Os Fogares Verdes de Camariñas axústante ao protocolo de Quioto

Os Fogares Verdes de Camariñas axústante ao protocolo de Quioto
Imaxe do primeiro Encontro de Amigos da Terra cos Fogares Verdes de Camariñas Imaxe do primeiro Encontro de Amigos da Terra cos Fogares Verdes de Camariñas

Interesante a proposta que está a levar a cabo a entidade Amigos da Terra en Camariñas. Está desenvolvendo o programa de Fogares Verdes, unha campaña de educación e sensibilización ambiental fronte o Cambio Climático, baseada na redución do consumo de enerxía, auga e transporte a nivel doméstico a través de pequenos xestos diarios.

O reto proposto por este programa ás familias participantes é o de acadar unha redución de como mínimo un 5% (como establece o protocolo de Quioto) nas súas emisións de CO2 , o cal se verá reflectido nas súas facturas de auga e electricidade, todo isto seguindo uns sinxelos consellos.

Este proxecto, no que participan 15 fogares do concello de Camariñas dende agosto ata decembro deste ano, consta dunha fase formativa, composta por tres xuntanzas de grupo, que iniciaron o luns 31 de agosto e que continuarán con esta segunda xuntanza o 5 de outubro, e unha fase práctica individualizada na que as persoas técnicas de Amigos da Terra visitarán familias participantes para axudarlles a implementar diferentes medidas de aforro e así mesmo facer un seguimento do programa.
Algunhas de estas familias tamén están participando no programa de auditorías enerxéticas que Amigos da Terra leva a cabo con máis de trinta familias galegas.

Nesta segunda xuntanza, ademais de dar seguimento ás tarefas propostas na primeira xuntanza, analizaremos en grupo o funcionamento do mercado eléctrico en España, mostrando as súas liñas básicas de funcionamento, os actores principais e a súa responsabilidade na incomprensión xeneralizada da poboación respecto a este mercado.

Por último afondarán na interpretación da factura eléctrica para que as persoas asistentes identifiquen que é o que lles están cobrando e porque nos seus recibos de electricidade, que potencia e tarifa lles podería resultar máis rendible ou a que comercializadoras éticas poden acceder.

Máis información e inscricións

O único requisito para formar parte do mesmo, é ser veciño/a do Concello de Camariñas, e estar disposto/a e motivado/a a formar parte deste proxecto educativo e formativo.
O proxecto está financiado por Amigos da Terra, pola Deputación de A Coruña e polo Concello de Camariñas.

Fonte

  • Concello de Camariñas.

Comentarios