Os grupos populares de Muxía e Camariñas saltan á carga contra os gobernos socialistas


Crúas as novas denuncias públicas que os grupos do PP de Camariñas e Muxía adican aos seus gobernos. Por Muxía, Sandra Vilela lamenta que o concello teña perdido 1.922 horas de axuda a domicilio no último trimestre pese a ter 18 veciños en lista de espera, tendo en conta que o Concello non se beneficiou das axudas da Xunta para este servizo.
Por Camariñas, Mauricio Aufiero pide “honradez e transparencia” ao goberno de Sandra Insua.
Axuda no fogar en Muxía
“A sensibilidade do goberno de Muxía e a súa preocupación polos servicios Sociais do Concello quedan ven ás claras deixando a veciños desasistidos por mor de non saber, ou non querer, xestionar as horas financiadas dende a Xunta”, critica a voceira do PP muxián Sandra Vilela. Faino tras denunciar que o Concello de Muxía perdeu 1.922 horas de axuda a domicilio no último trimestre, ao non optar ás axudas da Xunta.
Denuncia que só se está atendendo ao 47% dos veciños que teñen aprobado o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), tendo a 18 veciños en lista de espera.
En total, explicou a popular, o Concello de Muxía perdeu durante os meses de setembro, outubro e novembro deste ano unha partida de 55.930 euros, cantidade que Vilela considera “obscena” e unha “vergoña” para un concello que conta con cerca de vinte veciños agardando poder desfrutar dun servizo “básico” para as familias demandantes do mesmo.
”Honradez e transparencia” en Camariñas
Mauricio Aufiero, portavoz local do PP, insta ao goberno local de Camariñas a deixar de facer “política ficción” culpando á Xunta do que consideran “a súa propia e moi deficitaria xestión económica e de goberno”. Fala así tralas críticas vertidas desde o Concello de Camariñas cara á Xunta de Galicia, pedindo máis autonomía e transparencia na repartición das axudas ás entidades locais, e lembra que o ex alcalde está condenado “por contratacións a dedo”.