Os mariñeiros fanse empresarios en Camariñas para dinamizar o mar


A Asociación de Empresarios de Camariñas vén de asinar un convenio de colaboración coa Confraría de Pescadores da vila. A sinatura do mesmo tivo lugar o pasado 15 na sede da Cofraría de Camariñas. Olga Campos Sánchez, como presidenta da Asociación, e José Manuel Gerpe Ramos, como Patrón maior da Cofraría de Camariñas, rubricaron o acordo.
Un convenio que establece unha relación de apoio ás actividades de dinamización da cultura mariñeira e o seu patrimonio, así como actividades turísticas vinculadas ao mar.
O obxectivo desta colaboración é a de pór en valor a cultura mariñeira en tódolos ámbitos a través de medidas que fomenten o desenvolvemento de actividades culturais, turísticas e recuperación do patrimonio oral e material marítimo e a súa difusión entre os veciños así como destino turístico de Camariñas.
Novas relacionadas
- 15-12-11: Novos operativos contra o furtivismo en Camariñas, Corme e Laxe.
- Os voluntarios da Fundación Man de Camelle protestan ante a impasibilidade das administracións cunha velada.
- O Monte da Vela de Camariñas non se mancomuna.
Fonte
- Nota de prensa da Asociación de Empresarios de Camariñas.