Mércores. 12.08.2020
El tiempo

O Monte da Vela de Camariñas non se mancomuna

O Monte da Vela de Camariñas non se mancomuna

A problemática coa posible clasificación de Monte Veciñal en Man Común do Monte da Vela, en Camariñas, parece que se resolveu. E o fai a favor dos que eran os propietarios particulares ata 1959, cando chegou a Brigada Forestal e "expropiou a forza os terreos".

Así nolo explican dende a Comisión de Afectados do Monte da Vela, As Cazoliñas e o Castelo de Camariñas, concretamente os Francisco Antelo "Chuco" e José Arjomil, que estiveron en todo momento apoiados polo líder do PP Daniel Rego. A súa satisfacción é moi grande unha vez analizada a resolución adoptada polo Xurado Provincial de non mancomunar o monte, como quería unha asociación, co apoio do Concello. A resolución non aprobou a clasificación como monte en man común "ao non resultar acreditado coa documentación obrante neste que os devanditos montes estean aproveitados polos veciños da devandita parroquia como grupo social e en réxime de comunidade”.

"Non houbo un suo común"

Se ben dende a Asociación que pretendía poñer en ‘man común’’ os terreos, afirmaban que desde tempo ‘’inmemorial’’ esos terreos non tiñan donos, varios veciños d idade avanzada e axenos á propiedade recoñecían ante o Xurado Provincial que ‘’nunca oíron de parte dos seus maiores nin persoalmente que se cultivaran ou aproveitaran polos veciños, se non cada parcela polo seu dono; que coñecen a existencia de propiedades particulares no monte e que así foi a súa condición ata o ano 1959 no que a chamada Brigada Forestal eliminou a forza os lindes daquelas propiedades”, e mesmo indicaban estas testimuñas “ que desde ese ano 1959 ata 1962 moitos propietarios loitaron xudicialmente co fin de recuperar os seus terreos de propiedade particular, recorrendo ao contencioso administrativo pero que finalmente desistiron”, segundo nos informa a Comisión.

O propio Servizo de Montes e Industrias Forestais, informa a petición do propio Xurado Provincial, que “segundo contan os habitantes da parroquia de Camariñas grande parte da superficie do monte –As Pías, Vilán e outros- non saben concretar a superficie, era de propiedade particular, de feito quedan restos de muros antigos no monte, e, de feito, hai propietarios que pagaron impostos por estas fincas ata os anos 80. A partires dos anos 90 empezáronse os traballos para a execución do parque eólico e perdéronse parte dos devanditos muros”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Comisión de Afectados do Monte da Vela, As Cazoliñas e o Castelo de Camariñas.

comentarios