Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Os milladoiros invaden o cemiterio dos Ingleses

Os milladoiros invaden o cemiterio dos Ingleses
Milladoiros no Cemiterio dos Ingleses 1 Os Milladoiros volven ao Cemiterio dos Ingleses

En xaneiro de 2015 aparecían por primeira vez na zona do Cemiterio dos Ingleses estes milladoiros. Non duraron moito, pois os temporais leváronos por diante. Pero esta proposta de arte efímera volve cambiar a fisionomía dun lugar de culto este mes. Algún artista “zen” da zona, ou visitante, adicou unha boa tarde para amontoar pedriñas e cambiar a paisaxe da zona.

Normalmente estes milladoiros formábanse en cruces de camiños para que romeiros e peregrinos coñecesen o rumbo cara o vindeiro santuario relixioso. Aquí, segundo especialistas non hai vinculación histórica posible, máis alá da moda xurdida ultimamente con esta clase de intervencións artísitcas.

Para outros grandes coñecedores destes recunchos costeiros como os trans@s do Camiño dos Faros, é case que unha “paletada”, que vai en contra do fin da Asociación, de deixar toda a natureza no seu estado actual. “É como empeñarse en vender un banco de formigón nunha zona como a do Monte Branco-Vilán cando tes unha natureza que é puro espectáculo”, sinalan.

En todo caso, non verían con malos ollos unha acción semellante, coordinada, na zona da Casa de Man, no porto de Camelle. Esa obra tería sentido, e servía unha fermosa homenaxe ao Alemán.

Milladoiros no Cemiterio dos Ingleses Milladoiros no Cemiterio dos Ingleses 2

Fonte

Comentarios