Os Socialistas da Costa da Morte xa deciden na provincia
07:53 04/04/16
O camariñán Juan Carlos Canosa, coordinador do PSOE Costa Atlántica
Cada vez máis o PSdG da Costa Atlántica inflúe nas decisións do grupo provincial. Xa manifestaba hai un par de semanas a situación crítica do partido a nivel galego, e agora o Comité Provincial vén de aprobar, por unanimidade, unha proposta feita dende a Costa, polo edil camariñán e coordinador comarcal, Juan Carlos Canosa.
A proposta demanda dos órganos do Partido “a urxente celebración dun Congreso que o dote de dirección política e dun proxecto político novo e recoñecible pola cidadanía”. Esta resolución, que será remitida a tódolos órganos do Partido, demanda tamén un calendario de primarias para que a militancia poida elixir o seu candidato ou candidata á Xunta de Galicia.
Novas relacionadas
- O PSOE pide que Modesto Rivas entregue a súa acta e Concelleiro de Cee:
- O PSOE da Costa Atlántica manifesta a súa preocupación pola deriva do partido.
Fonte
- PSDG Costa Atlántica.