Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Palilleiras de Camariñas participan na mostra internacional do encaixe de Peniche

Palilleiras de Camariñas participan na mostra internacional do encaixe de Peniche
feira internacional encaixe peniche 2016 Unha delegación de palilleiras de Camariñas participarán entre os días 22 e 24 de xullo na mostra internacional do encaixe que se celebra en Peniche - Portugal -. Ademais de expoñer os seus traballos, promocionarán o municipio como destino turístico e darán a coñecer a Mostra do Encaixe de Camariñas. Manuel Valeriano Alonso, alcalde de Camariñas, encabezará a delegación. Acompañarano dúas palilleiras representantes das asociación Rendas e As Puntillas que farán demostracións en vivo. Para o día 22 está previsto un encontro entre as delegacións de Camariñas, Peniche e Novedrate - Italia -, tres municipios irmandados polo encaixe. Na mostra está previsto que participen trinta delegacións internacionais. Por outra parte, unha representación do concello de Camariñas tamén acudirá no mes de setembro á feira do encaixe que se celebra anualmente en Novedrato, concretamente do 4 ao 11 de setembro. Días máis tarde, do 29 de setembro ao 1 de outubro, desprazaranse a México para asistir á nova edición de Termatalia. "É fundamental asistir a este tipo de eventos para a promoción das puntillas de Camariñas en todo o mundo xunto cos demais atractivos do municipio", asegura Sandra Ínsua - concelleira da Mostra do Encaixe -.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios