Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Para que o polideportivo de Camelle volva da selva á praia

Para que o polideportivo de Camelle volva da selva á praia
As herbas invaden o poli de Camelle

Hai tempo, os que practicaban deporte en Camelle o facían nun lugar privilexiado. Ao carón da praia estaba situada a pista, o "poli" como lle din, permitindo que os veciños puidesen utilizala con comodidade. Hai uns anos que o polideporivo foi trasladado a outro lugar, máis arriba, ante a queixa de moitos veciños.

O caso é que a pista hoxendía está quedando vello. Segundo nos contan algúns dos seus usuarios, non fan máis que presentar queixas dada a mala ubicación, os malos accesos, e sobre todo, mala situación da nova pista de Camelle.

"Parece a selva", cóntannos en referencia ás silvas que entran dentro da pista e parecen obstáculos. Lamentan os outros "polis", os de Xaviña, Arou, Santa Mariña ou da Ponte do Porto, están en boas condicións mentres que en Camelle teñen eles mesmos que coser as verxas para que non escapen os balóns. "Cantos tempos perdidos xa… Ademais, calquera día rompémolo coche ao chegar. E co ben que estabamos no paseo….", valoran.

Sen embargo, dende o Concello afirman que o derrubo da pista da praia foi obrigado por Costas cando realizaron o proxecto do paseo. Así, o Concello, que mercara uns terreos na entrada do pobo para facer un colexio que a Xunta nunca construiu, decidiu levar alí a pista.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios