Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Paula Esteiro, de hospitalización a domicilio: “A xente non é consciente de que calquera persoa pode estar contaxiada”

Paula Esteiro nunha das atencións de hospitalización a domicilio.
Paula Esteiro nunha das atencións de hospitalización a domicilio.
Paula Esteiro, de hospitalización a domicilio: “A xente non é consciente de que calquera persoa pode estar contaxiada”

Seguimos falando con eses profesionais que non poden parar, non poden quedar na casa e deben saír á rúa. Xa vimos outros testemuños como Marcela na gasolineira, Juan no taxi, Raúl no super ou as nosas enfermeiras do Hospital Virxe da Xunqueira. Hoxe falamos con outra enfermeira, pero esta vez, que traballa na hospitalización a domicilio. Ela é Paula Esteiro, coñecida deportista das probas OCR de Carreiras de Obstáculos.

Esteiro conta que nestes momentos, con toda esta crise sanitaria, o seu traballo segue a ser o que fai habitualmente, a hospitalización a domicilio, na que levan tamén a pacientes paliativos, pero cunhas medidas extraordinarias a raíz do Estado de Alarma. “A única diferencia é que temos que ter o máximo coidado posible para unha, non contaxiarnos nós, e dous non contaxiar aos pacientes nin levar nada dunha casa a outra. Entón, o que facemos é velos da mesma forma que os viamos antes, o que pasa que temos que levar as medidas de protección, a mascarilla, guantes e máis unha bata... E utilizar moito o lavado de mans, a aplicación de solución hidroalcohólica e demais”, explica.

Esteiro recoñece que ao principio foi algo chocante para a xente e que mesmo podía parecer algo esaxerado nesa fin de semana no que se decretou o Estado de Alarma. Mais, como todo, tanto eles coma os pacientes e persoas que conviven e coidan deles, foron adaptándose pouco a pouco ás medidas e, agora, lévano ben. “De feito, había algúns coidadores que como que se apartaban de ti. Xente que normalmente coa que tes moita cercanía de ir ao domicilio, ás veces é xente á que levas bastante tempo, entón tes un trato moi familiar. Entón, pois si que xa vías como xa se intentaban apartar de ti. Case máis por medo, non de eles contaxiarte a ti, senón par que ti non lles transmitiras nada a eles. Pero a verdade é que o tomaron ben”, conta a camariñana.

De feito, Esteiro realizou unha publicación no seu instagram intentando explicar que pode entender a “frialdade” de ter que visitar a un paciente con todas esas medidas preventivas aos seus pacientes, pero sempre co “mesmo cariño e cercanía a pesares do metro e medio de obrigada distancia”.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

"Verde Esperanza💚" En Hospitalización a Domicilio seguimos realizando el mismo trabajo, quizá con la diferencia de la aparente frialdad del verde protector, aunque cuidando con el mismo cariño y cercanía, a pesar del metro y medio de obligada distancia. Y así debo visitar a mis padres, al igual que al resto de pacientes. Nuestro deber es protegerlos y protegernos, porque los casos positivos por coronavirus no lo llevan escrito en la frente. Y es que para lo mismo sirve el aislamiento domiciliario: para evitar contagiarnos y contagiar a los demás! Todos contamos, de lo que cada uno de nosotros hagamos dependerá la salud de los demás, el acortamiento de esta mala etapa, la recuperación de los besos y los abrazos, así como la economía del país, de nuestras vidas. Ánimo para compañ[email protected] y para [email protected]!!💪💪 #quedateencasa, así el aplauso será para [email protected]!👏👏 📸 De mi madre (puntualizo que mi padre ahora mismo es paciente, está bien y no por Covid-19).

Una publicación compartida de Paula ERa (@paulapeski) el

“Quería reflexar nesa publicación un pouco a frialdade que pode dar o feito de atender aos pacientes así. Pois, a expresividade da cara coa mascarilla, ao mellor achegarte a un paciente ou a un familiar dese xeito, aínda que sei que a pesar das medidas de prevención chegas igual, pero non é o mesmo e pode facerse un pouco máis frío. Pero a nosa intención é igual con todo o cariño que lles podemos ofrecer aos nosos pacientes de igual forma”, afirma Esteiro.

Unhas medidas que non todo o mundo entende, pero que son esenciais a pesar de que a primeira vista non haxa ninguén contaxiado. Tal e como indica a propia camariñana, todo o mundo pode ser un “posible transmisor de contaxio”.

“O problema é que a xente pensa que só contaxian os pacientes enfermos en xeral, un paciente que estea nun hospital, que pasara por urxencias... Pero o que a xente non é consciente é que calquera persoa pode estar contaxiada e pode ser un positivo porque hai un período de incubación, hai xente o que o pasa de forma asintomática... Entón, os coidadores, calquera que poida entrar de visita pola porta, aínda que os pacientes non saian á rúa para contaxiarse, si que quen entre nos domicilios pode ser un posible transmisor de contaxio”, declara Esteiro.

Prevención e bulos

Unha das cousas que está a notar máis a camariñana é medo xeralizado na poboación, pois “vivimos nunha zona con persoas dunha idade moi avanzada, onde son frecuentes as enfermidades crónicas, entón a xente ten moito medo de contaxiarse”, indica Esteiro, quen recoñece que ese medo non é tan só xeral, senón que tamén se traslada a eles mesmos: “Incluso compañeiros meus, o noso medo fundamental é ese, levar algo para casa e contaxiar aos familiares”.

Neste sentido, a pregunta de se son suficientes as medidas que están a levar a cabo era máis que evidente, á que Esteiro expresou que “nós non temos en principio pacientes positivos, que se saiba. Entón, o que estamos facendo é manter as medidas mínimas que aplicamos a todo o mundo. Porque se leváramos na fronte escrito que somos positivos, non habería contaxios, xa que uns xa non nos achegaríamos a outros. Despois, se temos algún paciente do que se poida sospeitar, pois si que intensificamos algo máis esas medidas”.

De todos modos, a camariñana insta a todo a quedar na casa, cousa que sería o principal, e intentar evitar as saídas o máximo posible. “Non é fundamental ir a comprar o pan todos os días nin ir facer a compra todos os días”, afirma Esteiro.

Por outra banda, lamenta tamén os baixos coñecementos que hai na poboación no que respecta ao contaxio e ás medidas de prevención. Ben é certo que cada vez vese máis xente que utiliza medidas contra o contaxio tales como guantes e mascarillas pero, tal e como indica Esteiro, se non se utilizan da maneira adecuada é como se non puxesen nada. “O guante, por exemplo, é unha medida de protección utilizándoa ben. Non serve de nada andar con guantes se andas toqueteando todo e despois tocando as túas pertenzas persoais e tocándote a ti mesmo”, explica a camariñana.

Fronte a isto, Esteiro da un pequeno consello que pode ser de bastante axuda: “Moitas veces é case mellor lavar as mans moi a miúdo e pensar como se tiveses as mans sucias. No caso de utilizar guantes, hai que cambialos e, sobre todo, lavar as mans e non andar tocando todo e moito menos a un mesmo”, indica.

Ademais, outra das referencias que fai na súa publicación de instagram é con respecto aos bulos, algo que nunha área tan pequena coma a nosa, na que todos nos coñecemos, adoitan espallarse máis rapidamente. Incluso Esteiro viviu un nas súas propias carnes: “Nós estamos atendendo ao meu pai, que meu pai estaba ingresado e agora co tema do coronavirus, polo risco de contaxio cando comezou toda a campaña de illamento, recomendaron que mellor era facer hospitalización a domicilio. Entón, un bulo xa os primeiros días de ingreso foi que estabamos ingresados meus pais máis eu por coronavirus. E vamos, en todo o pobo de Camariñas, incluso máis alá, dicíase que nós estábamos contaxiados”, afirma.

A pesar de que recoñece que esa falacia non tivo ningunha repercusión nin lles ocasionou ningún dano, si recorda e aconsella á xente que sexa precavida e teña moito coidado co tipo de mensaxes e audios que reenvían, pois, noutros casos si poden facer dano e incluso poden chegar a cometer algún delito. É importante recordar que, ante a dúbida, nunca fiarse dese tipo de mensaxes e facer sempre caso das fontes oficiais.

comentarios