Domingo. 29.03.2020
El tiempo

#EUNONPODOESCOLLERQUEDARNACASA

Enfermeiras do HVdX: “É duro saber que si nos contaxiamos, non só nos afectará a nós, senón tamén a nosa familia”

Enfermeiras do Hospital Virxe da Xunqueira en plena crise do coronavirus
Enfermeiras do Hospital Virxe da Xunqueira en plena crise do coronavirus
Enfermeiras do HVdX: “É duro saber que si nos contaxiamos, non só nos afectará a nós, senón tamén a nosa familia”

En QPC somos dos que podemos dicir #euquedonacasa, traballando e conciliando como podemos para campear este temporal sanitario. [email protected] non poden escoller quedar na casa, como o persoal de tendas, supermercados, correos, quioscos, gasolineras, estancos, panaderías, axuda a domicilio, corpos e forzas de seguridade, ambulancias…

Abrimos unha serie de conversas cos profesionais que seguen traballando a pé de rúa, expoñéndose á expansión do coronavirus e de sufrir as súas consecuencias nas súa pel.

Comezamos polo colectivo de enfermeiras do Hospital Virxe da Xunqueira, que fala en común sen queren personalizar nunha soa compañeira.

 
  • QPC: Antes de nada, enviámovos o noso máis sinceiro agradecemento por ese traballo impagable que estade realizando, e cada noite saímos ás nosas fiestras a aplaudir ben alto.
    Agora ben, despois da aparición do primeiro caso, non será estrano que comecen a aparecer novos casos na comarca, verdade?

A nosa comarca está en risco ó igual que toda España. Non debemos alarmar nin frivolizar este tema, é dicir, non por haber estado en zonas de risco ou en supostos contactos, con persoas chegadas desas zonas de risco, teñen por que ser positivos.

 
  • QPC: Credes que o goberno tomou as medidas necesarias e en tempo?

Non creo que sexamos nós as que debamos aplaudir ou cuestionar o goberno. Nós só somos sanitarios, neste momento temos que facer o mellor posible o noso traballo, coidando aos afectados, coidándonos e resolvendo as dúbidas dos nosos pacientes.

 
  • QPC: Que tal estades levando os turnos de traballo no Hospital ceense? Tócavos facer moitas máis horas? Hai moito compañerismo?

Neste momento non está sendo preciso modificar os nosos turnos. Estanse adaptando as Unidades segundo as necesidades dos pacientes e a súa gravidade. A pesar diso, o persoal púxose a disposición da dirección para facelo, no caso de que, chegado o momento, faga falla.

 
  • QPC: Como conseguides manter os protocolos ao volver a casa?

Algo que para nós é duro, é a idea de que si nos contaxiamos, non só nos afectará a nós, senón tamén a nosa familia. Todos temos pais, fillos, irmáns ou parellas nas nosas casas, así que intentamos aumentar ó máximo as medidas de seguridade e hixiene durante o traballo, e incluso reducimos o noso contacto cos nosos seres queridos.

Hai compañeiras, que con persoas maiores ou inmunodeprimidasna na familia evitan o contacto con elas, intentando, incluso, non ir velas.

 
  • QPC: Que tal se está portando a veciñanza da comarca?

A veciñanza, no tocante á acudir os centros sanitarios, esta actuando correctamente. Están evitando acudir os centros, prefiren facer consultas telefónicas (no caso dos Centros de Saúde e PACS) e que sexa o persoal o que valore a adecuación ou non de achegarse ó centro.

 
  • QPC: Notades unha gran histeria colectiva?

Histeria non notamos, máis ben precaución. A xente si que che di que ten medo ao contaxio, que quere facer o que se lle di. A xente esta tranquila, disposta a aceptar as novas formas de traballo e os turnos que sexan precisos. Sen embargo, si que existe "respecto", pola novidade do virus e pola incidencia que poida ter na zona.

 
  • QPC: Hai medios axeitados e suficientes?

Os medios necesarios, non se podía predecir esta situación, polo que consideramos, que os Stocks de material eran os necesarios para unha situación normal. Estamos tendo que adaptarnos o material existente e priorizar o seu uso, so os casos máis concretos.

 
  • QPC: Para todas esas familias que nos len dende casa. Se por exemplo teñen un neno ou un maior con febre e tos, cal é o protocolo que deben seguir?

As familias. En caso de ter un neno ou un maior con tos ou outro problema respiratorio, sería chamar o centro de saúde ou o Pac, salvo que sexa un caso de extrema gravidade, que habería que acudir con Urxencia.
No caso de atoparse nos supostos do Protocolo do Covid19: febre, falta de aire, tos e haber estado nas zonas de risco ou en contacto con alguén vido de alí (directo) ou con un positivo, deben chamar o 900400116 ou o 061 ou os centros de saúde ou PACS.

O que si queremos facer é un chamamento a nosa veciñanza:
- Seguide as indicacións dada polas autoridades tanto Sanitarias como civiles. Evitade saír as rúas na medida do posible, e se é necesario facedeo con tranquilidade e mantendo as medidas de seguridade.
- Evitade colapsar o 061, porque estamos nun momento de excepcionalidade, pero os infartos, Ictus, Insuficiencias respiratorias ou cardíacas, siguen ocurriendo, e polo tanto necesitan prioridade.
- Paciencia o intentar contactar co 900400116, é o mismo número para toda Galicia, polo que, a pesar de estar reforzando, non é suficiente pola demanda tan elevada que se está xerando. As persoas ás que se lle realiza a proba deben cumplir uns criterios, debemos ser o máis concretos posible ó dar a información o persoal sanitario e moi importante para saber da adecuación ou nn da realización da proba. Hai que ser coherentes cos recursos e priorizar a quen si os necesita.

 heroes contra o coronavirus

Todas as novas do Coronavirus

comentarios