Primeiro falecido por coronavirus na Costa da Morte
16:02 25/03/20
Este mediodía de mércores 25 de marzo de 2020, o coronavirus cobrábase a primeira morte na Costa da Morte. Trátase dun veciño septuaxenario do Concello de Fisterra, con patoloxías previas, que estaba ingresado no Hospital Virxe da Xunqueira.
Dende os centros hospilatarios aseguran que esta semana é fundamental para conter o avance do covd_19, polo que piden á veciñanza máxima precaución e seguemento do confinamento. Indican ademais que van comezar a haber máis casos de positivos, unha vez que a campaña de frotis a domicilio está comezando a dar resultados.
Parece evidente que si, que o coronavirus tamén é cousa nosa, así que polo ben de todos, #Quedanacasa.
Todas as novas do Coronavirus
- 23-03-2020: Polo menos, 20 positivos: O coronavirus tamén é cousa nosa.
- 21-03-2020: O alcalde de Santa Comba confirma varios positivos por coronavirus.
- 1903-2020: Confírmanse tres positivos por coronavirus en Carballo.
- 14-03-2020: Un fisterrán, o primeiro positivo por coronavirus na Costa da Morte.
Máis novas
- Juanma Trillo, do 061: "Penso que co paso dos días a xente foi tomando conciencia da gravidade do problema”.
- Jose Insua, do Centro de Maiores de Fisterra: “Temos que agradecer aos nosos anxos da garda”.
- Fantástica resposta dos Concellos da Costa da Morte á chamada do Hospital de Cee.
- Enfermeiras do HVdX: “É duro saber que si nos contaxiamos, non só nos afectará a nós, senón tamén a nosa familia”.
- O HVdX inicia unha campaña de frotis a domicilio para acotar posibles zonas de contaxio.