Venres. 29.03.2024
El tiempo

#EUNONPODOESCOLLERQUEDARNACASA

Marcela Canosa: "Por agora, a histeria só se nota á hora de comprar cousas"

Marcela Canosa traballando en Bazarra en pleno coronavirus
Marcela Canosa traballando en Bazarra en plena crise polo coronavirus
Marcela Canosa: "Por agora, a histeria só se nota á hora de comprar cousas"

En QPC somos dos que podemos dicir #euquedonacasa, traballando e conciliando como podemos para campear este temporal sanitario. Outr@s non poden escoller quedar na casa, como o persoal de tendas, supermercados, correos, quioscos, gasolineras, estancos, panaderías, axuda a domicilio, corpos e forzas de seguridade, ambulancias…

Abrimos unha serie de conversas cos profesionais que seguen traballando a pé de rúa, expoñéndose á expansión do coronavirus e de sufrir as súas consecuencias nas súa pel.

Falamos hoxe con Marcela Canosa, que dende a Estación de Servizo Bazarra, ademais de “agradecer a confianza da xente nestes duros momentos”, cóntanos como están sendo estes días.

 
  • QPC: Traballastes máis que un domingo calequera, e iso que non había mercado?

Onte (polo domingo) foi unha “locura”, pero a xente creo que aínda non se dou conta do que nos está pasando.

 
  • QPC: Como é o voso protocolo? Levades luvas e mascarilla?

Ata o sábado estiven só con guantes, pero vendo como está o panorama decidín poñer mascarilla, porque a xente achéhase a ti e ao mostrador para pagar, non sempre con tarxeta, como se nada pasase.

 
  • QPC: Non ves á xente concienzada aínda? Mantén as medidas de prevención aconselladas polo Ministerio a xente (un metro entre cada persoa, pagos con tarxetas, só unha persoa para facer a compra…)?

Non demasiado. Achéganse ao mostrador uns encima dos outros e hai ata que dicirlles que manteñan as distancias con nós e entre eles.  

  • QPC: Non notas pois histeria colectiva?

Histeria só se nota á hora de comprar cousas, porque a xente onte viña comprar ao noso Claudio como se mañá non fose a haber nada nos supermercados. E viñan ademais todos enfadados porque os supermercados estaban cerrados... porque cren que tiñan que estar abertos…

 
  • QPC: Entón…Que tal andades de papel hixiénico?

Jajajaja, pois acabouse…

 
  • QPC: Notas algo de agradecemento na poboación?

Teño que dicir que pouca xente agradece as cousas.

 
  • QPC: Temes, ao non ver tanta precaución entre a veciñanza, convertirte en transmisora? Ao chegar a casa como combinas para manter as distancias? Segues tendo contacto cos teus maiores?

Pois ese é un tema delicado. Eu en casa non teño maiores, pero teño un fillo e decidín, antes de que todo se desbordase, levalo a caso da avoa, que vive nunha aldea de Sardiñeiro, e así non ter que estar eu cerca del. Sei que con eles van estar ben e sinceiramente creo creo que os que estamos así de expostos imos acabar tendo o coronavirus.

 
  • QPC: Que lle podemos pedir aos clientes?

Pois precisamente onte enviamos polas redes sociais unha serie de recomendacións que non estaría mal que lesen e cumprisen.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

AVISO IMPORTANTE

A post shared by Bazarra Gasolinera Cee (@esbazarra) on

 

Todas as novas do Coronavirus

Comentarios