Venres. 29.03.2024
El tiempo

Juan Allo, taxista: "Nós estamos preocupados, primeiro polo contaxio e segundo porque non se fai un peso e isto vai ser terrible"

Parada de taxis de Corcubión, onte pola mañá.
Parada de taxis de Corcubión, onte pola mañá.
Juan Allo, taxista: "Nós estamos preocupados, primeiro polo contaxio e segundo porque non se fai un peso e isto vai ser terrible"

Nestes momento somos moitos os que permanecemos nas nosas casas de corentena, intentando traballar e conciliar da mellor maneira posible ante esta crise sanitaria. Mais ben sabemos que outros non teñen a posibilidade de facelo, e teñen que saír para estar ao pe do canón.

En QPC abrimos unha serie de conversas con varios profesionais que día a día teñen que seguir a pe de rúa, expoñéndose así á posibilidade de contaxiarse e sufrir de primeira man as súas consecuencias.

Xa vimos como o están a levar as nosas enfermeiras do Hospital Virxe da Xunqueira, na panadería ou na gasolineira. Hoxe falamos con Juan Allo, taxista de Corcubión, quen a pesar das medidas adoptadas, ao ser transporte público, segue a ser un deses traballos que segue adiante durante a corentena. Falamos con el sobre como está a levar estes días no traballo, o medo ao contaxio, e a incerteza sobre o futuro económico dos taxistas por culpa desta situación. Unha das caras máis crueis desta crise sanitaria, a pesar de ser un sector que segue a funcionar de cara ao público nestes momentos.

  • QPC: De normal sodes 4 na parada de Corcubión. Nestes momentos estades a traballar todos?

Agora mesmo estamos aquí dous solos, pero  non sei se os outros están de viaxe ou non.

  • QPC: Vós estades levando algún tipo de protocolo para evitar os contaxios?

Si, estamos traballando con guantes e mascarilla. Tamén temos o líquido desinfectante.

  • QPC: Como está a ser a afluencia de clientela?

Apenas traballamos nada. Algunha viaxe a Cee, dúas viaxes a outros sitios, pero nada, apenas nada... Estamos facendo as viaxes que temos programadas xa, avisadas con tempo. Por exemplo, eu fun onte a Coruña. Aínda que algunhas foron anulaaos, porque como non son urxentes, hai algunha xente que a anulou. Tamén a outros anuláronllo de arriba, as citas que tiñan para algunha revisión ou así, anuláronllas.

  • QPC: Aínda así, nas viaxes que seguides tendo, vedes á xente que utiliza o voso servizo concienciada coas medidas que hai que tomar de prevención?

Non, aquí cada un ven como cadra. Uns veñen sen nada, algún trae algunha cousa, pero nada. Non se ve unha boa reacción da xente, de estar concienciado, penso eu.

  • QPC: Hai algunha medida que vos gustaría pedir aos vosos clientes para que cumprisen nas viaxes que teñan que facer?

Eu aconsellaríalles que viñesen ben, que tiveran guantes e algún tipo de protección na boca. E despois, tamén aconsellámoslles que viaxen no asento de atrás se se trata dunha soa persoa. O problema ven cando son tres. Pero bueno, se é unha ou dúas persoas soas, aconsellámoslles que vaian no asento de atrás.

  • QPC: Tes medo a contaxiarte ao ter que seguir traballando de cara ao público?

Home, medo... Algo sempre che preocupa. Nunca sabes, porque ao fin e ao cabo, o problema de todo isto é que é demasiado contaxioso polo que se ve, entón sempre tes preocupación.

  • QPC: Como ves a situación económica agora durante a corentena e despois de aquí en diante ao rematala?

Eu vexo que imos a peor. Agora mesmo acaba de chamar un compañeiro á Asociación de Taxis a ver se nos dan algunha subvención ou algo para axudarnos, porque isto vai ser terrible. Polo menos este mes, vai ser desastroso. Non imos gañar nin para gastos.

Na Asociación dixéronnos que de momento non saben nada, que han de preparar algún paquete para os autónomos pero que non saben fixo aínda o que nos van dar, si é que nos dan algo, vaia. Que nos digan tamén as condición que temos que poñer, se temos que parar o traballo.... Non sabemos aínda ben que nos van a dar nin como temos que facer.

A nós xa nos machacou a crise... De 7 prazas, 7 licencias que había aquí en Corcubión, quedamos só 4 coa historia da crise, e agora aínda ven isto, que xa nos vai acabar de matar. Vai quedar Corcubión sen taxis polo que vexo. Nós a verdade é que estamos preocupados, primeiro polo contaxio e segundo porque non se fai un peso e isto vai ser terrible. Pero é o que toca, mirar ao fronte, e haberá que pasar un mes malo ou un par de meses malos. Porque ademais polo que vexo, non vamos a ser nós sos, que vai ser moita xente. Entón, haberá que meterlle peito, non queda outra cousa. Esta é unha cousa á que temos todos que enfrontarnos como sexa e meterlle peito, e a ver se polo menos conseguimos que esta historia free.

Comentarios