Cazan unha banda organizada de furtivos con 9 kg de percebe na zona do Roncudo
Mañá axitada na zona do Roncudo. Un operativo artellado polos mariscadores da Confraría de Corme e o seu vixilante conseguía cazar “in fraganti” unha banda organizada de furtivos mentres extraían ilegalmente percebes.
Trátase dun grupo procedente da Coruña, reincidentes, xa coñecidos polas forzas de seguridade, que se distribuían entre dous homes apañando o percebe, un vixiando e outro no coche preparado para recollelos e marchar correndo.
Os Gardapescas da confraría puideron decomisar ata 9 kg de percebes recén extraídos (que van ser entregados no Centro Benéfico A Milagrosa de Carballo), se ben os furtivos puideron escapar a pé monte arriba. O que vixiaba e o condutor foron parados polas forzas de seguridade pero non recoñeceron os feitos e non puideron ser multados. En calquera caso, se non fosen avistados polos Gardapescas poderían ter extraído
Un operativo realizado gracias a colaboración dos Percebeiros de Corme, que están realizando mesmo quendas de vixilancia nocturnas de aquí ao nadal, nun suceso semellante ao protagonizado polos compañeiros muxiáns o ano pasado.
Novas relacionadas
- Agosto 21: “Coller sen permiso é roubar”: A campaña das confrarías de Carnota contra o furtivismo.
- Xullo 21: Requisan 134 kg de percebe en Santa Mariña, a maior incautación realizada en Galicia.
- Xullo 21: A Confraría de Corme busca drons para o vixilante e pensa en como axudar á volanta.
- Outubro 20: Os percebeiros de Muxía cazan un furtivo en plena faena.
- Abril 19: O pobo de Lira falou e pediu xustiza, pediu perdón para Manuel de Talelo.
- Abril 19: Manuel de Talelo: As secuelas da falta de vixilancia na Reserva Mariña dos Miñarzos.
- Calafateando: Bañistas si. Furtivos… non, grazas!!!.