Os percebeiros de Muxía reforzan a vixilancia para controlar o furtivismo de cara á campaña de Nadal

11:03 14/11/23
Queda pouco para a campaña de Nadal, e despois de todos estes meses coidando e respectando as mellores pedras, os percebeiros da comarca non queren correr riscos co furtivismo organizado. Por iso, dende a Confraría de Muxía e a Agrupación de Percebeiros queren anunciar que van reforzas as gardas de vixilancia.
”Dado o pouco marisco que hai, cos cambios climáticos e todos os temporais, sabendo que tamén os furtivos teñen falta de cartos, e visto o que aconteceu durante este verán, imos reforzar a vixilancia entre todos os compañeiros unidos de cara a campaña de Nadal”, explican.
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 23: Percebeir@s de Corme intensifican os controis contra o furtivismo.
- Abril 23: Medio millar de percebeiros maniféstanse pacificamente para que respecten os seus “santuarios”.
- Marzo 23: Percebeir@s de Galicia únense na Asociación PERCEGA un día antes de manifestarse contra a permisividade da Xunta cos bateeiros.
- Decembro 22: Os Percebeiros da Costa da Morte preparan a súa candidatura como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.
- Xullo 22: Os percebeiros de Muxía cazan un grupo de furtivos esquilmando 36 kilos de percebes nas rochas da Barca.
- A Confraría de Malpica reclama máis medios de vixilancia na tempada estival ante o aumento do furtivismo.
- Outubro 20: Os percebeiros de Muxía cazan un furtivo en plena faena.
- Maio 20: Os percebeiros de Muxía escoltan a súa costa contra a ameaza dos furtivos.