Pintando o Faro Vilán dende o Faro Vilán
09:57 26/06/13
Segue o Faro Vilán, gracias ao traballo da Asociación de Empresarios de Camariñas, convertíndose nun referente cultural. I é que sempre o dicimos, pero o simbolismo dun espazo como o Vilán é perfecto para organizar eventos culturais.
Esta pasada fin de semana tocaba pintura, e unha vintena de participantes amosaron a súa arte no I Certamen de Pintura Faro Vilán de Camariñas. Segundo os organizadores "foi todo un éxito en canto a nivel artístico como participantes e visitantes", e pese ao tempo adverso que houbo pola mañá puideron realizar as súas obras ao aire libre.<(p>
O 1º premio foi para o coruñés Laureano Vidal.
Novas relacionadas
- Ponteceso convertiuse na capital artística da máxica paisaxe bergantiñá.
- O Faro Vilán aposta polos artistas locais.
Fonte
- Asociación de Empresarios de Camariñas.