Xoves. 30.05.2024
El tiempo

Primeira fin de semana de pre-campaña

Primeira fin de semana de pre-campaña

Campaña ou pre-campaña. Facíannos esa pregunta a semana pasada, malia que consideramos que a diferencia entre ambas é bastante ridícula, e xa estamos afeitos a ver como os partidos incumpren as premisas sen represalias.

Esta fin de semana houbo xa os primeiros actos serios enfocados ao 20N, como a visita do Ministro de Xustiza Francisco Caamaño a Camariñas ou a do voceiro do BNG Guillerme Vázquez a Carnota.

Guillerme Vázquez en Carnota

"Só sairemos da crise se a prioridade absoluta das políticas económicas pasa a ser o emprego, non o pagamento da débeda". Así de rotundo se manifestou o líder do BNG Guillerm Vázquez á súa visita a Carnota esta pasada fin de semana. No acto participaron ademáis do alcalde, Ramón Noceda e a tenente de Alcalde, Merche Díaz, o candidato da Costa da Morte, Oscar Insua, 5º nas listas ao congreso, e Francisco Jorquera, candidato nº1 pola Coruña.

O salón de actos do concello encheuse para escoitar as propostas de alternativa do BNG, que foron desgranadas polos cinco oradores. Guillerme reiterou en varias ocasións que Galiza necesita xa un banco público para canalizar o creto aos autónomos e medianas empresas, e para utilizar o aforro galego en beneficio da sociedade, fomentando os sectores básicos e productivos de Galiza. En clara referencia ás políticas do PP e do PSOE puntualizou que “Estamos convencidos de que as cousas coas políticas de dereitas que se están aplicando no goberno central e tamén no goberno da Xunta van mal e estas mesmas políticas de dereitas aínda poden ir a peor logo do 20 N”.

Un Vázquez que enviou ata un recado ao líder do PP estatal: “Algún que se gaba de ser galego e que aspira a ser presidente continúa a se ausentar da Cámara cando o BNG fala de Galiza”, di Jorquera en alusión a Rajoy .

Máis citas do BNG

Hoxe, luns 24 de outubro, o BNG ten cita en Muros, ás 20:30h na Casa da Cultura de Miraflores. Falarán María Xosé Alfonso, número 6 do BNG ao Congreso por A Coruña; Rosana Pérez, número 2 da candidatura nacionalista; Guillerme Vázquez, portavoz nacional; e Francisco Jorquera, número un do BNG ao Congreso por A Coruña.

Máis citas do PSOE

Hoxe luns, 24 de outubro, a Casa da Cultura de Corcubión acolle unha reunión de traballo na que participarán os candidatos socialistas ao Congreso e o Senado nas próximas eleccións xerais, responsables de organización do partido a nivel rexional e provincial, e alcaldes e voceiros do PSdeG-PSOE na comarca da Costa da Morte.
A esta xuntanza está prevista a asistencia dos candidatos socialistas ao Congreso Francisco Caamaño e Miguel Cortizo, dos candidatos ao Senado Javier Losada e Inés Rey, do secretario provincial dos socialistas coruñeses, Salvador Fernández Moreda, e do secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, entre outros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios