Promocionando Camariñas en clave de lienzo


Por cuarto ano, a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas organizaba o IV Certamen de pintura ó aire libre "Camariñas todo arte". Un éxito de participación, unha vez máis, esta aposta pola cultura e a promoción turística, que achegoou ao espazo natural costeiro a case unha vintena de artistas. Houbo menos participación que outros anos, pero a organización quedou satisfeita.
Este ano, o protagonismo do Faro ou do Cabo deixou paso ao das rúas camariñás, pois o tema permitía saírse do entorno. O porto lucíu no cadro gañador, o de Xosé González Rodiño, que superou a Carlos Morato Porto, que pintou as rúas da vila e levou o segundo premio: e a Eduardo Pérez Bahamonde, que levou o 3º tamén cunha estampa da vila mariñeira.
Houbo ademais 3 mencións especiais, para Teresa Toucedo García, para Martina Bugallo González e para Pio Costa Beiro.



Novas relacionadas
- Camariñas inspira aos artistas que participaron no III certame de pintura ao aire libre.
- O Cabo Vilán déixase pintar.
- A actividade cultural no Faro Vilán permite aumentar nun 40% o número de visitantes.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.