Mércores. 23.10.2024
El tiempo

PSOE e BNG insisten coas axudas ás mariscadoras de Camariñas ante a pasividade da Xunta

  • “Xestionan elas os bancos marisqueiros, nós só colaboramos”, lembrou a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Oscar criadeiro Camariñas
Representantes do BNG coas mariscadoras de Camariñas
PSOE e BNG insisten coas axudas ás mariscadoras de Camariñas ante a pasividade da Xunta

Seguen as mariscadoras de Camariñas esperando o necesario apoio da Xunta de Galicia. Pero a pesar de que o asunto está mesmo a chegar ao Parlamento Galego, non parece que a Xunta vaia tomar medidas para axudar a estas traballadoras do mar, en paro dende que as adversidades climáticas botaron abaixo todo o banco camariñán.

Estes días, tanto o BNG como o PSOE realizaron peticións ao respecto:

O PSOE na Comisión de Pesca do Parlamento

Julio Abalde 020724 01
Julio Abalde

O portavoz de Pesca e Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Abalde, lamentou hoxe que a Consellería de Pesca non prevea “nin unha sola medida” para apoiar ás persoas que viven do marisqueo e que están a padecer unha caída drástica da produtividade.

Advertiu que os bancos de Camariñas ou Anllóns están a rexistrar unha caída de preto do 80 por cento na produción de ameixa e berberecho, que ten un impacto directo na economía das familias que dependen deste recurso e que “non poden agardar” 2 ou 3 anos a que a Xunta remate coas súas investigacións.

Porque a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, que fixo referencia aos “Centros de investigación para acuicultura e para marisqueo” e ás investigacións que levan realizando durante meses, lembrou que “Xestionan elas os bancos marisqueiros, nós só colaboramos”, botando balóns fóra.

A Directora lembrou as axudas que a Xunta outorgou a Mugardos, Baralloble, O Grove… ademais, é certo, dun tractor cultivador para Camariñas; así como as axudas do ano pasado de 550euros a cada mariscadora afectada. Si que sinalou que están “ultimando unha orde de axudas a bancos marisqueiros en parón que sairá en verán”.

Así e todo, o socialista lembrou a urxencia, e pediu axudas xa “en 2024, non dentro de 2 ou 3 anos, cando teñan todo monitorizado, pero que sexa tarde porque o sector teña desaparecido”.

O BNG pide á Xunta que poña en funcionamento o minicriadeiro de marisco de Camariñas

Paralelamente, o BNG vén de presentar diversas iniciativas no Parlamento galego pedindo á Xunta de Galiza a poñer en funcionamento o minicriadeiro de ameixa e outros moluscos situadas no porto de Camariñas, así como ceder a xestión da explotación á agrupación de mariscadoras da localidade. Ademais, solicita que o goberno galego proporcione “desde xa os cursos de formación necesaria ás mariscadoras e aos interesados e comezar o procedemento para proveer as prazas dos especialistas necesarios para dirixir e traballar no minicriadeiro”.

O deputado Oscar Insua Insua quere que a Consellaría do Mar aclare as medidas que ten previsto realizar nas intalacións abandonadas onde se atopa o minicriadeiro , e se ten prevista algunha actuación que non sexa a de recuperalas para a actividade de criadeiro de semente, “Parece que só teñen ansias de eliminalo para ocupar ese espazo do porto con outro tipo de instalacións e usos”, remarcou o representante nacionalista, que lembra que no ano 2005 comezou a funcionar en Camariñas o minicriadeiro para producir semente de moluscos bivalvos, fundamentalmente ameixa babosa e xaponesa.

O minicriadeiro nacera con fins experimentais, e estaba preparado para producir entre 10 e 12 millóns de semente ao ano, mais comezando no 2005 cunha produción de 5 millóns de semente, e chegando ata os 13 millóns no ano 2007, aínda que a media anual era de 8 millóns. Nestas instalacións a Xunta chegou a investir arredor duns 3 millóns de euros, dos que a Unión Europea aportara inicialmente 1,2 millóns de euros de fondos europeos.

Máis novas

Comentarios