venres. 06.12.2024
El tiempo

Rafael Lema traslada ao PP o patrimonio subacuático

Rafael Lema e Paula mouzo
Rafael Lema e Paula Mouzo
Rafael Lema traslada ao PP o patrimonio subacuático

Continúa Rafael Mouzo, o delegado Provincial da Real Liga Naval Española na Coruña, espallando a súa recén estreada exposición na Casa do Barómetro do Serpent de Camariñas, antigo viceconsulado británico. O edificio, que conserva un barómetro inglés regalado pola raíña Victoria de Inglaterra ao pobo local pola súa axuda no auxilio de náufragos e no rescate de cadáveres do suceso do HMS Serpent en 1890, conta cunha colección bibliográfica Noguera Patiño recuperada pola RLNE.

Ademais de ensinarlla a Paula Mouzo como coordinadora de Movimientos Sociais do PPdeG, e Secretaria da Comisión Permanente de Igualdade e membro da Comisión de Pesca do PPdeG, o historiador fixo entrega á parlamentaria dun dossier sobre o patrimonio subacuático das augas galegas xunto a un catálogo de naufraxios que recolle máis de 4.000 pecios cos seus datos. Ademais, o informe inclúe unha ducia de posibles actuacións inmediatas de protección patrimonial en áreas próximas á costa, ou de estudo sobre un centenar de pecios de relevancia internacional.

O inventario de naufraxios na Costa da Morte é o corolario a un traballo iniciado en 2010 que deu como un primeiro froito o libro "Costa da Morte, un país de soños e naufraxios" editado polo GAC en 2011, con catro edicións e unha repercusión excepcional (recensiones noutras publicacións literarias ou de investigación nacionais e estranxeiras, en documentais e reportaxes de tv, nunha serie de Amazon prime). Ou a edición do "Catálogo de naufraxios. Costa da Morte-Galicia" (Deputación A Coruña) en 2014, completando agora con este dossier da RLNE Costa da Morte.

Para Paula Mouzo "o patrimonio subacuático galego é un dos nosos grandes valores e o gran descoñecido. Só coñecéndoo podemos poñelo en valor e realizar actuacións de protección e investigación que non só van supoñer un salto de calidade dos estudos históricos e socioeconómicos senón tamén un aumento da riqueza patrimonial e a revalorización da Galicia costeira e dos nosos pobos mariñeiros”.

Máis info

Comentarios