Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os recortes no ISM de Camariñas alarman aos grupos políticos

ISM Camarinas 2
Os recortes no ISM de Camariñas alarman aos grupos políticos

Xa se viviu co de Corcubión e agora toca en Camariñas. Dende o pasado 1 de maio, o Instituto Social de la Marina camariñán, sito na avenida Ambrosio Feijoo, deixou de antender de luns a venres de 9:00h a 14:00h de xeito presencia, e pasou a atender só os martes e os xoves de 9 a 14 horas.

Unha situación que fixo saltar as alarmas do sector do mar, e dos grupos políticos locais. O BNG confirmou que levará ao Congreso dos Deputados, a través de Néstor Rego, esta “desmantelación dos servizos públicos básicos que os traballadores do mar necesitan. Moitos dos trámites son presenciais e co peche da oficina que xa só abre dous días a semana terían que desplazarse máis de 40km para facer trámites.

Ante esta situación, a actual rexedora, Sandra Insua, púxose en contacto coa Delegación do Goberno para que rectificase esta situación, e segundo informan dende o Concello conseguiu que o ISM recupere a partir do 1 de xuño o seu horario habitual de atención ao público, Así, afirma Insua, a partir do 1 de xuño, volverá a atender de xeito presencial como o facía previamente, é dicir, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

Comentarios