Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os Reis Magos chegarán a Camariñas por mar e percorrerán as rúas no seu barco máxico

CabalgataCamariñas
Os Reis Magos chegarán a Camariñas por mar e percorrerán as rúas no seu barco máxico

Hoxe, xoves 5 de xaneiro, os Reis Magos chegarán a Camariñas por mar, na lancha de Salvamento Marítimo, para empezar un percorrido que os levará por todas as parroquias do municipio a bordo do seu barco máxico que fará de carroza.
A súa chegada á Lonxa Vella, onde serán recibidos pola alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, está prevista para as 11:30 horas. Desde aí comezarán o seu itinerario, que os levará por Arou, Camelle, A Ponte do Porto, Xaviña e Camariñas.

Ao remate do traxecto, na praza da Insuela, ao redor das 20 horas, atenderán nos seus tronos as últimas peticións dos máis pequenos. Alí, ademais dunha chocolatada e dunha degustación de roscón e algodón de azucre, a tarde estará amenizada con obradoiros e música, que comezarán a partir das 18:30 horas.
Nas paradas de Ponte do Porto, Xaviña e Camariñas tamén haberá chocolatada e roscón e nas de Camelle e Arou a asociación A Folga da Faneca vai repartir mini roscóns entre os nenos e nenas, que poderán subir á carroza en todas as paradas para saudar e falar cos Reis Magos.

Comentarios