Venres. 19.04.2024
El tiempo

Eliminando niños de velutina con drones

Eliminando niños de velutina con drones

A problemática cos niños de avespa velutina, despois da súa eclosión no mes de agosto, está levando moitos problemas aos indefensos concellos galegos. Por exemplo, os voluntarios especializados no asunto de Protección Civil de Cee, Pedro Lema e Juanma Trillo, levan arredor dos 100 niños eliminados este verán.

Pero hai situacións complicadas ás que é moi difícil chegar. Como o niño de velutina que había en Toba (Cee) a 36 metros de altura. Esta fin de semana, coa axuda do equipo de Galidrónica, o “dron velutina” conseguía eliminalo, demostrando como as novas tecnoloxías poden axudar na loita contra a invasión asiática.

“É unha pasada”, é cómodo, porque a 30 metros de altura non podes gabear polas árbores, e con este aparato safas moito”, recoñece Pedro Lema.

Está ben sacar os niños así, pero este custoume porque había moito vento”, recoñece o propio Paco González, un dos responsables desta marca que está ofrecendo os seus servizos a Concellos e particulares. Con esta demostración queren deixar claro que si que se pode actuar contra a avespa.

Xa tiveron reunións cos concellos de Muros, Cee ou Corcubión, ofertando os servizos por prezos que dependen de cada operación e da cantidade de niños contratados. Custos pequenos, en todo caso, ante o que ás veces supón mobilizar os medios necesarios, pois sabemos de concellos que teñen empregado ata 20.000€ mensuais nesta mesma batalla.

O servizo incluiría tamén unha APP con xeolocalización, e que permite aos veciños informar de novas incidencias. “Canto máis tarden as administracións en actuar, peor vai ser”, sinala Paco.

Un servizo, o dos drones, que podería ter outros moitos usos, como para actualizar e manter controlado o catastro, ou mesmo para a vixilancia contra o furtivismo.

Eliminando nidos de avispa velituna con dron-Galidronica1Eliminando nidos de avispa velituna con dron-Galidronica
Fotos de Juanma Trillo

Novas relacionadas

Comentarios