Luns. 10.08.2020
El tiempo

“Vale moito máis unha raíña capturada agora que mil trampas cheas no verán”

“Vale moito máis unha raíña capturada agora que mil trampas cheas no verán”

A semana pasada viamos os traballos de prevención na loita contra a avespa velutina en concellos como Carballo, Laracha ou Camariñas. Esta semana imos ata Zas, onde a empresa Serpa, contratada polo Concello vén de comezar o trampeado por 3 ano consecutivo.

Valoran a importancia desta campaña unha vez que por cada raiña collida podemos evitar 3 distintos niños do seu ciclo. “Vale moito máis unha raíña capturada agora que mil trampas cheas no verán”, recoñecen dende a empresa. Este curso, na primera recollida xa cazaron máis de 300 raiñas fundadoras, e este ano esperan superar as 1.500 raíñas dos pasados anos, pois tiveron que poñer máis trampas xa que os veciños máis urbanos este ano non poden participar polo confinamento.

campaña-trampeo-vespa-velutina-zas2

En todo caso, insisten dende o Concello que a colaboración da veciñanza é fundamental para frear esta praga, para o que poden informarse no 981 70 83 03.
Por outra parte, as persoas que localicen algún niño pode avisar para a súa reitrada a través do número de teléfono 112.

O trampeo pioriza zonas de maior perigo para a poboacion
O trampeo pioriza zonas de maior perigo para a poboación

Novas relacionadas

comentarios