Resaca e Man para unha #AxendaCostadaMorte da costa de xaneiro


Algo sosas estas primeiras fins de semana de xaneiro en canto a actividade cultural e festexeira. Algo de resaca hai no ambiente que son poucas as citas que traemos en quepasanacosta.gal/axenda, se ben podemos aproveitar para ver esas exposicións que non temos tempo polo verán ou para acodir á mesa-debate sobre contaminación orgánica no mar que terá lugar o sábado no Couto.
E sobre o tempo, precisamente os amigos de 4gotas tráennos os parte para esta fin de semana na Costa da Morte:
O tempo da fin de semana terá un pouco de todo.
O venres aínda quedará inestabilidade e haberá chaparróns puntuais, frío e tamén misturado con momentos de sol (máis sol que o xoves e menos chaparróns)
O sábado comezará a entrar o anticiclón, estabilizarase a atmosfera, pero iso non significa que vaia a haber sol. O sábado será un día con moitas nubes e con orballos no litoral norte e no interior. No litoral oeste haberá algunha apertura de claros. Seguirá sendo un día fresco.
O domingo si que xa se notará a influencia anticiclónica. Quedarán algunhas nubes na mañá, sobre todo no interior e no litoral norte, pero haberá moito sol o resto do día e subirán un par de graos as temperaturas polo día acadando os 15 graos entre Muros e Fisterra.
Citas da Axenda
- O Venres hai un Taller de coctelería en Laxe, como cita singular no marco do programa Reláxese.
- A Homenaxe a Man de Camelle que se celebrará o sábado será, sen dúbida, unha das citas da fin de semana.
- Non falla Muros á súa cita co Teatro, coa chegada de Mamá Cabra o sábado nun espectáculo para toda a familia.
Exposicións
- A Tenda Turística Stoupa acolle este mes unha exposición do autor muradano Roque Rey.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)