Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Sen pexas: Desagradable mapa de cepos na Costa da Morte

Sen pexas: Desagradable mapa de cepos na Costa da Morte
Para evitar que cabalos coma este fiquen sen pexas na Costa da Morte

Solidaria iniciativa a da ONG Libera, relacionada cos cabalos. E aquí na Costa da Morte de cepos sabemos abondo, pois non é a primeira vez que denunciamos a presencia de cabalos con cepo polos nosos montes. Hoxe a través de senpexas.info, facemos un desagradable mapa de denuncias na nosa bisbarra.

E facemos esa viaxe tras estar un par de veces denunciando feitos semellantes pola zona de Muros, dende onde nos mandaron estas fotodesfeitas.

Pero antes, traemos esta indescriptible viñeta do bo de Luís Davila, O Bichero, o Castelao do século XXI, que nos deixou este tesouro de imaxinación e crítica, que define tan ben a nosa indiosincrasia:

Cepos por Davila

Mapa de Pexas na Costa da Morte

O mapa que está artellando senpexas.info lévase a cabo gracias ás achegas dos veciños, así que se vedes polos montes do voso arredor estampas semellantes, non dubidedes en denuncialo á Garda Civil, e mais á xente de senpexas.info e a QPC, por suposto.

Estas son algunhas das zonas onde se viron cabalos maltratados:

  • Monte Buxantes, Dumbría: Avistamento dunha manda equina, con alomenos 5 cabalos con cepos nas patas dianteiras.
  • Entorno Faro Cabo Touriñán, Muxía: Avistamento dun número indeterminado de cabalos con cepos ao carón do Faro.
  • Ponte do Porto, Camariñas - Vimianzo: Numerosos cabalos con cepos.
  • San Mamede, Carnota: Alomenos dous cabalos con cepos nas patas dianteiras.
  • AC-5304, Muros: Avistamento dun número indeterminado de cabalos con cepos.
  • Monte cercano a Muros: Cabalo con cepo na súa pata dianteira dereita.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios